See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Lufthansa - Wikipedia

Lufthansa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Oficinas centrais de Lufthansa en Colonia
Oficinas centrais de Lufthansa en Colonia

Lufthansa (o seu nome oficial é Deutsche Lufthansa AG), con sede en Colonia, é a maior compañía aérea alemá. O seu aeroporto base é o de Frankfurt e pouco a pouco o aeroporto de Múnic estase convertendo nun segundo eixo neurálxico da compañía. Os seus hangares de reparación están en Hamburgo. Lufthansa foi unha empresa pública (case ao 100%) ata o ano 1953. No ano 1966 as súas accións cotizaron por vez primeira en bolsa e en 1994 o estado alemán aínda posuía o 34% das accións. Dende 1997 todo o capital de Lufthansa está en mans privadas. Lufthansa é, xunto a Air Canada, SAS Scandinavian Airlines, Thai Airways International e United Airlines, membro fundador da alianza de aerolíñas Star Alliance, á que pertence, xunto con outros 12 membros non fundadores, a compañía española Spanair.

Os voos de Lufthansa teñen o código IATA LH e o seu código ICAO é DLH. Os voos internacionais cara Alemaña reciben un número impar e os procedentes de Alemaña un par. Lufthansa ten un dos programas de fidelización de clientes máis amplos, o seu nome é Miles and More.

[editar] Historia

A aeroliña fundouse o 6 de abril de 1926 como Deutsche Lufthansa pola fusión das compañías Deutsche Aero Lloyd e Junkers Luftverkehr AG, as dúas supervivintes da competencia existente en Alemaña despois da Primeira Guerra Mundial. Estas víranse na obriga de recorrer a axudas do goberno, e este, consciente do interese polo tráfico aéreo, propuxo a fusión ou retiraria as subvencións.

Nos primeiros tempos centrouse sobre todo no transporte de carga e de correo en vez do de pasaxe. Considerábanse máis confortables as viaxes en tren ou en barco e había pouca demanda de pasaxeiros. Ademais o negocio da carga e o correo incrementárase un 500% durante o primeiro ano de operacións da aeroliña.

Lufthansa comezou a operar con 19 tipos distintos de avións, pero o máis importante deles foi o Junkers F13, o primeiro avión comercial metálico do mundo.

Foi unha aeroliña moi innovadora. Ao mes de conezar as súas operacións, o 1 de maio de 1926, realizou o priemiro servizo aéreo nocturno con pasaxe. Un Junkers G24 despegaría ás 2 da mañá con 9 pasaxeiros cara Königsberg (hoxe Kaliningrado). En 1927 iniciou o adestramento de vóo instrumental dos seus pilotos, que se fixo obrigado en 1929. A súa escola de vóo comezou a recibir pilotos de aeroliñas de todo o mundo para recibir o adestramento. Nese tempo a Lufthansa comezou a desenvolver eqipos de comunicacións aire-terra e de navegación que posibilitasen o vóo a cegas a grandes distancias.

[editar] Apertura de rutas

Un dos obxectivos da aeroliña nos seus primeiros anos foi o de establecer rutas internacionais. Neses tempos as aperturas de novas rutas requerían realizar primeiro unha exploración das zonas por onde discorrerían posteriormente, e os pilotos de Lufthansa actuaron neses primeiros tempos como exploradores.

Unha das primeiras rutas que procurou abrir a compañía foi a de Munich-Milán. Debido á limitación dos avións da época non se podía voar por riba dos Alpes e debía facerse a través dos pasos naturais entre as montañas. Durante os anos 20 fixéronse vóos de proba, pero ata 1927 non se conseguíu establecer un enlace práctico entre Alemaña e Italia. Lufthansa recibiu nesa época o Rohrbach Roland, un avión capaz de voar a unha altura de 5.000 metros, e foi empregado nos vóos de proba a través dos Alpes a partir de maio de 1927. En maio de 1932 xa voaban a pasaxeiros a Roma grazas á mellora dos equipos de navegación e á aparición do Junkers Ju 52.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -