Ludwig Feuerbach
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ludwig Andreas Feuerbach (28 de xullo de 1804, Landshut - 13 de setembro de 1872 en Nuremberg-Rechenberg) foi un filósofo alemán.
Feuerbach é recoñecido pola súa teoloxía humanista e pola influenza que o seu pensamento exerce sobre Karl Marx. Abandona os estudos de Teoloxía para tornarse alumno do filósofo Hegel, durante dous anos, en Berlín. En 1828, pasa a estudar ciencias naturais en Erlange e dous anos despois publica anonimamente o primeiro libro, Pensamentos sobre Morte e Inmortalidade. Nese traballo ataca a idea da imortalidade, substentando que, despois da morte, as cualidades humanas son absorbidas pola natureza. Escribe Abelardo e Heloísa (1834), Piere Bayle (1838) e Sobre Filosofia e Cristianismo (1839). Na primeira parte desta última obra, que influenza Marx, discute a "esencia verdadeira ou antropolóxica da relixión". Na segunda parte analiza a súa "esencia falsa ou teolóxica". De acordo coa súa filosofía, a relixión é unha forma de alienación que proxecta os conceptos do ideal humano en un ser supremo. Ao atacar relixiosos ortodoxos entre 1848 e 1849, anos de turbulencia política, é considerado un heroe por moitos revolucionarios. Morre en Rechenberg, na Alemaña.
Índice |
[editar] A Teoloxía é Antropoloxia
O home para Feuerbach está articulado en dous momentos: cada un é indívíduo singular, mais portador da esencia universal.
A humanidade ten tres características fundamentais: O home é sobre todo razón, despois vontade e á fin sentimento.
Daí a relixión proxecta tais características: O Pai (razón), o Fillo (vontade) e o Espírito Santo(sentimento).
O Deus xudaico equivale á alienación dos dous primeiros caráteres. Cristo equivale á alienación do terceiro. O home estaba case convencendose de que Deus era o Home, mais a fé levouno de volta á situación relixiosa. O home por súa fraqueza non admite suas fallas, depositaas nun "outro".
[editar] O Home é aquilo que come
A situación material en que o home vive é que o cria.
Feuerbach nega o concepto de que exista primeiro a idea e despois a materia. Para el a mazá real precede a idéia da mazá. Afirma que deberíamos entender a Hegel de cabeza para baixo. Para Feuerbach, Hegel descrebe o home de ponta-cabeza.
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- García Tato, Isidro (2003), Ludwig Feuerbach, A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96128-30-9.