See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Loita Armada Revolucionaria - Wikipedia

Loita Armada Revolucionaria

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Loita Armada Revolucionaria (L.A.R.) foi unha organización armada da esquerda independentista galega considerada terrorista polo Estado español. Vencellada ao Partido Galego do Proletariado e á organización Galicia Ceibe (O.L.N.), realizou a súa primeira acción o 28 de xullo de 1978, coa queima de varios camións en Santiago de Compostela. Pouco despois intentou asaltar, sen éxito, un polvorín en Noia, realizou tamén outras accións armadas, as máis coñecidas foron o roubo dunha sucursal da Caixa de Aforros de Ourense, atribuída a Antón Arias Curto e a colocación de explosivos nas obras de Autopistas del Atlántico (17 de setembro de 1979).

En setembro de 1980 unha operación policial desartellou a organización, detendo a 16 persoas baixo a acusación de "constituir un grupo armado que persegue a independencia da Galiza". Os detidos foron: Xosé Cid Cabido, Antón Arias Curto, José Luís Nieto Pereira, Francisco José Atanes Gomes, Xosé Luís Méndez Ferrín, Arturo Esteves Rodrigues, Antom Bértolo Losada, Modesto Romám Gonçalves, Manuel Pousada Covelo, José Luís Villaverde Varela, Xosé Patricio Recamám, Luciano Prego Sanxurxo, Edelmiro Domingues, Fernando Eiras Fernandes, Luís Calvar Puga e Alberte Lama Couso. O resto dos seus militantes refuxiáronse en Portugal. Aos detidos aplicóuselles a lei antiterrorista en vigor, permanecendo 10 días incomunicados, nos que denunciaron ser sometidos a torturas [1]. Tras este período só Manuel Pousada Covelo e José Luís Villaverde Varela son liberados sen cargos. O resto dos detidos ingresan en cadeas da Galiza, aínda que posteriormente serán obxecto da política de dispersión de presos aplicada polo sistema xurídico español, sendo recolocados primeiro en Madrid e despois en Segovia.

O golpe policial terá como consecuencia a fundación das Xuntas Galegas pola Amnistía (X.U.G.A.), organización antirrepresiva que ten como obxectivo a defensa dos dereitos dos presos, especialmente contra as políticas de dispersión.

En 1981 prodúcense diversas excarceracións, ficando presos soamente Nieto Pereira, Xosé Cid Cabido, Antón Arias Curto, Edelmiro Domingues, Francisco Atanes e Arturo Esteves. O xuízo contra L.A.R. prodúcese en abril 1982, na Audiencia Nacional en Madrid e terá como resultado a condea firme de Recamán, Atanes Gomes, Nieto Pereira, Xosé Cid Cabido e António Árias Curto.

En 1983 un indulto do goberno do PSOE, solicitado polos propios presos, pon en liberdade aos tres últimos reclusos que quedaban na cadea. En 1984 o organización disólvese formalmente.


[editar] Referencias

  1. Conversas con Méndez Ferrín. Historia, literatura, nación; Autor: Xosé Manuel del Caño; Editorial: Xerais, 2005.
Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -