Logotipo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un logotipo é un debuxo que lle serve a unha entidade ou a un grupo de persoas para representarse. Historicamente, os artesans do barro, do vidro, os fabricantes de espadas e artiluxios de ferro fino, e os impresores utilizaban marcas para sinalar a súa autoría. Os reis que sabían asinar ademáis cruzaban os documentos legais cun logotipo da sua creación, a man ou cun selo. Nas covas dos homes prehistóricos atopamos tamén marcas e sinais.
O logotipo pode ser o eixo afirmador da propiedade privada a través do feito da autoría.
O logotipo como parte da identidade visual dunha empresa ou institución, é a representación tipográfica do nome da marca.
Nun logotipo diferencianse dous entes:
- O icono: é o símbolo visual gráfico (exemplo: a mazá de Apple).
- O nome: é a representación fonética da marca.
A funcionalidade dun logotipo radica na capacidade para comunicar a mensaxe que se requiere como por exemplo "Somos unha empresa responsable" ou "este produto é de alta calidade", e para lograr isto require do uso de cores e formas que contribuan a que o espectador final lle de esta interpretación.
Un logotipo, en térmos xerais, requiere do apropiado uso da semiótica como ferramenta para lograr e axeitada comunicación da mensaxe e a interpretación por parte do espectador máis axeitada a esta mensaxe. Así por exemplo un círculo amarelo pode interpretarse de diferentes maneiras e dárselle diferentes sensos como "sol", "moeda", "ovo", "queixo" ou outros, mientres que si se atopa pegado a verba "banco" ambos elementos, o círculo amarelo e a palabra banco, toman un só senso: "Institución Bancaria". É dicir, o logotipo, no momento de representar unha entidade ou grupo de persoas, o máis apropiado é que manteña congruencia semiótica entre o que se entende e o que realmente busca representar.
Isologo é distinto de Logotipo xa que este último correspondese co primero; é dicir:
- Iso = Ícono/Imaxe
- Logo = Tipografía/Texto (tamén conocido como Logotipo)
Xuntos forman un Isologo.