Lise Meitner
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A física Lise Meitner naceu en Viena (Austria) o 7 de novembro de 1878 e morreu en Cambridge (Inglaterra) o 27 de outubro de 1968. Foi a terceira de oito fillos dunha familia xudía. Estudou física na Universidade de Viena (na que entrou no 1901) con Ludwig Boltzmann. Despois de doctorarse, mudouse a Berlín en 1907 para estudar con Max Planck e Otto Hahn, co que traballou durante 30 anos liderando unha sección no Instituto Kaiser Wilhem (na actualide, 'Max Planck Institut'). Ambos investigaron a radiactividade, un dende a perspectiva química e a outra dende a da física. No 1918 descubriu o Protoactinio. No 1923 descubriu a transición non radiactiva denominada Efecto Auger. Ó ser anexionada Austria por Alemaña no 1938, Lise viuse forzada a trasladarse a Suecia, pasando a traballar en malas condicións no Instituto Manne Siegbahn de Estocolmo. Reuniuse de xeito clandestino con Otto Hahn en Copenhague (Dinamarca) para programar unha nova rolda de experiencias, que proporcionaron a evidencia da fisión nuclear e foron publicados en xaneiro de 1939, dando Lise a explicación física das observacións e ao proceso de fisión nuclear o mes seguinte.
O 1944, Meitner foi ignorada mentres Hahn recibía o Nobel, o que foi corrixido en parte no 1966, ó seren galardoados xunto a Fritz Straßmann co premio Enrico Fermi. O elemento número 109 chámase Meitnerio na súa honra.
[editar] ver tamén