See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Linkin Park - Wikipedia

Linkin Park

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Linkin Park

{{{caption}}}
Información
Orixe Los Angeles, California
País Estados Unidos
Período 1996 - Actualidade
Xénero(s) Rock, Nu metal
Selo(s) discográfico(s) Warner Brothers Records
Machine Shop Recordings
Membros Chester Bennington
Mike Shinoda
Joe Hahn
Brad Delson
Rob Bourdon
Dave Farrell
Antigos membros
Web oficial http://www.linkinpark.com

Linkin Park é un grupo estadounidense de música nu metal con orixe en California. Dende a súa formación en 1996, o grupo vendeu máis de cincuenta millóns de álbums e gañou dous Grammys[1][2].

Índice

[editar] Historia do grupo

[editar] Comezos

Os comezos da banda remóntanse a un pequeno estudo do MC/vocalista Mike Shinoda, onde el e Brad Delson gravaron o primeiro material da banda en 1996. Os dous foran xuntos ao instituto, onde coñeceron ao batería do grupo, Rob Bourdon[3]. Shinoda contactou co DJ Joe Hahn cando estudaba ilustración no Art Center College de Pasadena. Nese momento, denominábanse Xero e gravaron varias demos. Nunca conseguiron un contrato e o proxecto non prosperou. Entón Mike Shinoda decidiu contratar un vocalista.

Conseguiron a Chester Bennington, natural de Arizona, que comezou gravando discos cando tiña 16 anos no grupo Grey Daze. Trala integración de Bennington, o grupo chamouse Hybrid Theory (a idea vén da mestura de diferentes estilos que querían unir, con todo, debido a un problema de marca rexistrada cun grupo chamado Hybrid, víronse forzados a cambiar de nome outra vez. Bennington suxeriu Lincoln Park, por onde pasaba co coche ao volver dos ensaios. Con todo o dominio "lincolnpark.com" custaba máis do que a banda podíase permitir, así que cambiaron a ortografía a Linkin Park[3].

[editar] Hybrid Theory

Traballando nun selo independente, a banda gravou o álbum Hybrid Theory EP. Composto polos temas "Carousel", "Technique", "Step Up", "And One", "High Voltage", "Part of Me". Logo de asinar con Warner Brothers en 1999, o seu primeiro álbum, Hybrid Theory, púxose á venda no ano 2000[4]. Foi o disco máis vendido en Estados Unidos e Nova Celandia no 2001, cos éxitos "One Step Closer", "Crawling", "Papercut", "In The End" e "Points of Authority". Cabo destacar a ausencia de linguaxe malsonante no álbum, en contraste con moitas outras cancións de grupos de nu metal.

Linkin Park formou parte do Ozzfest no 2001, de xira xunto a Marilyn Manson, Slipknot, Crazy Town, Papa Roach, e Disturbed. Linkin Park tamén creou a súa propia xira - Projekt: Revolution, na que participaron Cypress Hill, Adema, DJ Z-Trip, Xzibit, Mudvayne e Blindside[4].

"Hybrid Theory" vendeu case 20 millóns de copias, aínda que tamén recibiu moitas críticas debido ás letras das cancións.

No 2002, lanzaron un álbum de remesturas de Hybrid Theory, chamado Reanimation, que incluía entre outros, un remix da canción "Points Of Authority" chamado "Pts.of.Athrty", o cal sería un dos videoclips do álbum xunto con "Frgt/10", o remix de "Forgotten"[5].

[editar] Meteora

No 2003 sacaron á venda o seu segundo álbum de estudo, Meteora, que debutou no número 1 en Estados Unidos e Reino Unido, e no número 2 en Australia. Incluía os sinxelos "Somewhere I Belong", "Faint", "Numb", "From The Inside" e "Breaking The Habit". A finais de ano, uniron as súas forzas con Limp Bizkit e Metallica para o Summer Sanitarium Tour 2003[6]. Desta xira, Linkin Park sacou á venda un CD/DVD chamado Live in Texas. Contiña cancións dos seus tres discos anteriores e foi gravado en directo nas súas actuacións do Summer Sanitarium Tour en Dallas, Houston e Texas, deste cd en vivo sacaron un sinxelo, "Lying From You". Nese mesmo ano tamén realizaron unha curta xira europea.

En 2004, Linkin Park creou a xira Meteora World Tour. Incluía aos grupos P.O.D., Hoobastank, e Story of the Year. Tamén realizaron un tour por Oceanía e o Sureste asiático.

[editar] Collison Course e outros traballos

O 30 de novembro de 2004, lanzaron Collision Course, unha colaboración co rapero Jay-Z na que presentaban remesturas de cancións de Hybrid Theory e Meteora empregando letras do repertorio de Jay-Z. Entre elas esta "Numb/Encore", o único sinxelo sacado deste álbum, esta canción combina "Numb" de Linkin Park da súa álbum "Meteora" e "Encore" de Jay-Z da súa álbum "The Black Album". Collision Course debutó no número 1 en Estados Unidos, pero só conseguiu o posto 17 no Reino Unido.

Desde ese momento dedicáronse a facer un pequeno descanso, e tamén participaron en diversas accións inmersas en Music For Relief[7] así como unha actuación no Live 8 xunto a Jay-Z. Mentres tanto, dous dos seus compoñentes preparan traballos en solitario: Mike Shinoda, baixo a agrupación Fort Minor lanzou un álbum o 22 de novembro do 2005 chamado The Rising Tied, e doutra banda Chester tamén formou o seu propio grupo chamado Snow White Tan cuxo álbum xa está realizado, pero se espera que salga á venda para o 2008.

[editar] Minutes To Midnight

Concerto en 2007
Concerto en 2007

O 6 de marzo de 2007, Mike Shinoda publicou no seu MySpace (Fort Minor) e no de Linkin Park un post achega do novo álbum, que se chamou Minutes To Midnight, e foi lanzado en maio de 2007[8]. O primeiro sinxelo, que chamouse "What I've Done", foi lanzado o 2 de abril[9] . O seu produtor para este disco foi Rick Rubin, quen traballou con artistas como Red Hot Chili Peppers, Audioslave, Metallica, Weezer ou System of a Down.

[editar] Membros

[editar] Discografía

[editar] Álbums

[editar] Sinxelos

Linkin Park no Summer Sonic en 2006
Linkin Park no Summer Sonic en 2006
  • 2000 - "One Step Closer"
  • 2001 - "Crawling"
  • 2001 - "Papercut"
  • 2001 - "In the End"
  • 2001 - "Points Of Authority"
  • 2002 - "Pts.of.Athrty"
  • 2002 - "Frgt/10"
  • 2003 - "Somewhere I Belong"
  • 2003 - "Faint"
  • 2003 - "Numb"
  • 2004 - "From The Inside"
  • 2004 - "Breaking the Habit"
  • 2004 - "Lying From You" (en vivo)
  • 2004 - "Numb/Encore" (con Jay-Z)
  • 2007 - "What I've Done"
  • 2007 "Bleed it Out"

[editar] Referencias

  1. Rock On The Net, Premios Grammy: Mellor colaboración Rap
  2. Rock On The Net Premios Grammy: Mellor actuación de Rock
  3. 3.0 3.1 AskMen.com, Linkin Park – Biografía
  4. 4.0 4.1 Lptimes.com, [1] Historia de Linkin Park
  5. United Stations Radio Network, 'Reanimation' Lanzado o 30 de xullo
  6. VH1.com, Linkin Park : Biografía
  7. VoaNews,[2] Linkin Park lanza un fondo para as vítimas do tsunami
  8. Warner Bros. Records, Fans contando os "minutos" trala revelación do nome e data de lanzamento do álbum de Linkin Park
  9. Videostatic, Estreos da MTV no 2/4/07

[editar] Véxase Tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Ligazóns Externas

Linkin Park
Membros
Chester Bennington - Mike Shinoda - Joe Hahn - Brad Delson - Rob Bourdon - Dave Farrell
Discografía
Discos: Hybrid Theory EP - Hybrid Theory - Reanimation - Meteora - Live in Texas - Collision Course - Minutes To Midnight


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -