Lingua lusitana
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O lusitano é unha lingua paleohispánica da familia indoeuropea, coñecida por unhas cinco inscricións e abundantes antropónimos, topónimos e teónimos, e falada no territorio da antiga Lusitania romana ata algún momento dos primeiros séculos da nosa era.
A Lusitania histórica, é dicir, o territorio habitado polos pobos lusitanos estenderíase polo centro-sur do Texo e parte da actual Estremadura.
Índice |
[editar] Historia
É de supoñer que, ao igual que todos os demais pobos indoeuropeos, os lusitanos entraron na península nalgún momento anterior ao s. II a.C, pudendo ser mesmo anterior á expansión celta do século VIII - VII antes da nosa era e cunha data probable no século VI antes da nosa era. Algúns autores considéranos provenientes dos Alpes e outros en cambio prefiren consideralos un pobo autóctono.
A Lusitania foi conquistada por Roma cara o -150. Ao igual que as demais linguas peninsulares, o lusitano finalmente sucumbiu á presión e o prestixio do latín.
[editar] Relación con outras linguas
Como xa se mencionou, trátase dunha lingua indoeuropea, pero a súa filiación exacta segue a ser discutida.
- Unha primeira teoría relaciona a lingua coa pola céltica. A teoría baséase en parte no feito de seren os celtas historicamente os únicos pobos indoeuropeos dos que se ten noticia na península. Pero maior peso ten a obvia celticidade de parte do léxico, sobre todo os antropónimos e topónimos. Existe un problema substancial nesta teoría: a conservación inicial do /p/, como se ve en PORCOM. As linguas celtas perden este /p/ inicial ao longo da evolución: compárese athir / orc (irlandés) e pater / porcum (latín) significando "pai" e "porco" respectivamente. A presenza deste /p/ poderíase explicar por ser unha lingua celta moi primitiva, anterior á perda ou ben por seren estas palabras préstamos del latín.
- Unha segunda teoría, defendida por Francisco Villar, Rosa Pedrero e Blanca María Prósper, pona en relación coas linguas itálicas. A teoría baséase en paralelismos de nomes de deuses (Consus latín / Cossue lusitano, Seia latín / Segia lusitano, Iovia marrucino / Iovea(i) lusitano) e outro léxico (gomia umbro / comaiam lusitano) xunto con algúns outros elementos gramaticais.
- Finalmente Schmoll propuxo que o lusitano constitúe unha rama propia da familia indoeuropea, que chama galego-lusitano.
Non existen textos de suficiente lonxitude como para decidir o tema nunha ou outra dirección.
[editar] Extensión xeográfica
As inscricións atopáronse en Arroyo de la Luz (España), Cabeço das Fráguas (Guarda, Portugal) e Lamas de Moledo (Viseu, Portugal). Se se ten en conta tamén a información dada polos diferentes teónimos, antropónimos e topónimos, a extensión corresponde ao nordeste do moderno Portugal e zonas adxacentes de España, con centro na Serra da Estrela.
Existen sospeitas fundadas de que a zona dos pobos galaicos, astures e quizais os vetóns, é dicir, todo o noroeste peninsular, falarían linguas emparentadas co lusitano.
[editar] Textos
A continuación os textos coñecidos:
Todas as inscricións coñecidas están inscritas sobre pedra en alfabeto latino.
[editar] Bibliografía
- Prósper, Blanca María, Lenguas y religiones prerromanas del occidente de la Península Ibérica, Salamanca, 2002, ISBN 84-7800-818-7
- Palaeohispanica (revista sobre lengua y culturas de la Hispania antigua), tomo 1 (págs. 235-274), Zaragoza, 2001, ISSN 1578-5386.