See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Lingua babilonia - Wikipedia

Lingua babilonia

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O babilonio é a denominación pola que se designa un dialecto do acadio, falado en Babilonia a partir do principio do II milenio a.n.e., e que é durante moito tempo a lingua literaria e diplomática par excelencia do Oriente Próximo.

Índice

[editar] Historia da lingua

A historia da lingua babilonia divídese en catro grandes períodos:

  • Paleobabilonio, falado na primeira metade do II milenio a. n. e.
  • Babilonio medio, na segunda metade do II milenio a. n. e.
  • Neobabilonio, na primeira metade do I milenio a. n. e.
  • Babilonio tardío, na segunda metade do I milenio a. n. e.

[editar] Paleobabilonio

O paleobabilonio é o dialecto acadio falado entre o séculos -XX e o -XVI a. n. e. (período chamado paleobabilonio, ou amorrita). O texto de base para o estudo desta lingua é o Código de Hamurabi. Este estado de lingua comporta moitas variantes rexionais: en Babilonia, Larsa, Eshnunna, Susa, Terqa ou mesmo Mari nos casos mellor coñecidos. Este estado da lingua acadia mantén aínda encore o -m final para os nomes e os adxectivos (mimación), así como os verbos con w- inicial. Nesta época, o acadio convértese na lingua diplomática, así como unha lingua literaria (ver máis abaixo).

[editar] Babilonio Medio

O babilonio medio é a lingua escrita nos textos da Babilonia casita (-1595 – -1155), e das dinastías de finais do II milenio no sur de Mesopotamia. Baixo o nome de «Babilonio estándar», é tamén a lingua literaria e diplomática deste período (ver máis abaixo). Desde o punto de vista lingüístico, este período ve a caída da mimación, e a do w- inicial nos verbos que a levaban no período precedente: así wabālum («levar») convértese en abālu.

[editar] Neobabilonio

O neobabilonio escríbese en Babilonia na primeira metade do I milenio a. n. e. En relación cos períodos precedentes, o neobabilonio ten varias particularidades lingüísticas (sen falar das evolucións que tiveron lugar no curso do moi longo período que ocupa). Desde o punto de vista fonético: o -w- nótase habitualmente -m- cando se atopa en interior dunha palabra; -št- convértese en -lt-; -mt- vólvese -nd-. Desde o punto de vista gramatical, os casos dos nomes e dos adxectivos son menos marcados. Dunha maneira xeral, o babilonio está nesta época moi influenciado polo arameo, qui se converte daquela na lingua principal do Oriente Próximo.

[editar] Babilonio tardío

É o derradeiro estado da lingua acadia testemuñado, nunha época na que esta lingua xa nos se falaba, substituída polo arameo. A caída do Imperio neobabilonio en -539 marca o fin da dominación dun reino de cultura acadia en Mesopotamia. Dominada desde agora por dinastías estranxeiras (persas, gregos, partos), mentres que a súa poboación se volvedevient aramófona, a Mesopotamia ve como se derruba a súa cultura ancestral, e cada vez menos textos son escritos en acadio. Os derradeiros documentos desta lingua son textos literarios ou científicos, e por iso precisamente a súa lingua é máis ben babilonio estándar. Os derradeiros documentos cuneiformes coñecidos datan do inicio da nosa era. Entón morre acadia, e a lingua que mantivera con vida desaparece daquela.

[editar] Véxase tamén


Linguas semíticas
Ugarítico † | Fenicio † | Púnico † | Hebreo | Amonita † |
Moabita † | Edomita † | Arameo | Acadio † | Babilonio † | Asirio † | Árabe | Sudarábiga | Etiópico
Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -