Conversa:Linguas do mundo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Agrupei un monte de linguas por familias lingüísticas. Moi optimisticamente (!) preparei unha ligazón para cada unha delas. Deixei a páxina como estaba antes porque non teño claro cal era a intención de quen elaborou as dúas listaxes que había. Talvez a primeira é por número de falantes? Non as vou tocar á espera de que se reordenen dalgún xeito. Xosé(Falarlle) 19:21, 24 Mar 2005 (UTC)
- Entre as lingua algonquinas, aparece o penobscot, o penobscot é un dialecto do Abenaqui oriental (que algúns consideran como lingua), mentres outros (semella que máis acertadamente) considérano un dialecto do abenaqui (que englobaría ao abenaqui occidental e o oriental), de feito nalgunhas fontes a lingua aparece como abenaqui-penobscot. Pero, en todo caso, nas referencias que teño nunca vin considerado ao penobscot como unha lingua. A referencia linguas algonquinas atlánticas, non me parece moi correcta, debería ser orientais (linguas algonquinas orientais), é a que vin na maioría dos libros sobre linguas que lin (pero non sei se é unha denominación máis actual)--Rocastelo 14:30, 2 Abr 2005 (UTC)