Lenda do Galo de Barcelos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Lenda do Galo de Barcelos está asociada ao cruceiro do século VI que foi parte do espolio do Museu Arqueológico de Barcelos.
[editar] Historia
Un peregrino galego que saía de Barcelos camiño de Santiago de Compostela foi acusado de terlle roubado prata a un terratenente e condenárono a morrer na forca. Como última vontade, pediu un encontro co xuíz, que se preparaba para comer un galo asado. O galego xuroulle que, como proba da súa inocencia, o galo se ía levantar do prato e cantaría. O xuíz empurrou o prato para un lado e ignorouno.
Con todo, cando o preso estaba a ser aforcado, o galo levantouse e cantou. O xuíz, comprendendo o seu erro, correu para a forca e descubriu que o galego se salvara grazas a un nó mal feito.
De acordo coa a lenda, o galego volveu anos mais tarde para esculpir o Cruzeiro do Senhor do Galo, agora no Museu Arqueológico de Barcelos.