Le Mouvement Normand
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Le Mouvement Normand (Movemento Normando) é unha organización política francesa que avoga pola autonomía de Normandía. A diferenza de moitos grupos en Francia, rexeita o separatismo e subliña o punto de vista de que o pobo normando é unha das nacionalidades constituíntes da nación francesa.
[editar] Historia
O Mouvement normand ten a súa orixe nos movementos franceses de estrema dereita dos anos sesente. En 1969, a pola de Rúan da unión estudiantil de ultradereita Fédération nationale des étudiants de France uniuse con l'Union pour la Région Normande en Lisieux para forma-lo Mouvement de la Jeunesse de Normandie, renomeado Mouvement normand en 1971. Está liderado polo prominente activista de dereitas Didier Patte, que tamén é membro do Groupement de recherche et d'études sur la culture européenne (GRECE).
O Mouvement normand ten sempre recibido os seus apoios da ultradereita francesa, especialmente da Fronte Nacional. De todos xeitos, en anos recentes, ten habido unha significativa captación dos membros dos partidos de centro-dereita como a Unión pola Democracia Francesa (UDF). A axenda rexionalista do Mouvement normand recibe moita atención tódolos días na vida política normanda.
[editar] Principais obxectivos
- Haute-Normandie e Basse-Normandie deberían ser unificadas para fundar unha única rexión de "Normandie".
- O goberno rexional de Normandía debería estar provisto de máis competencias.
- O carácter cultural único de Normandía, formado con elementos ca cultura anglo-normanda así como da cultura gala deberá ser recoñecida e preservada.
[editar] Ligazóns externas
- Web oficial (en Francés)