Laridae
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As gaivotas son aves voadoras da familia "Laridae". Atópanse estreitamente relacionadas coas cos membros da familia Sternidae, e a máis distancia coas aves zancudas. A maioría das gaivotas pertence ó xénero Larus.
As gaiovotas son en xeral páxaros grandes, de cor gris ou branca, a míudo con pintas negras na cabeza ou nas ás. Adoitan ter bicos robustos, bastante longos.
A maioría das gaivotas, particularmente as do xénero Larus, son carnívoros ou detrívoros (tomarán a comida viva ou a recollerán do lixo se teñen a oportunidade) que inclúen na súa dieta cangrexos e peixes pequenos.
As gaivotas adoitan ser aves mariñas ou de lagos, ríos e lagoas interiores. Son voadoras de grandes distancias. As especies de maior tamaño tardan ata catro anos en lograren unha plumaxe de adulto, nas gaivotas pequenas este tempo redúcese a dous anos.
Son aves listas e intelixentes, con complexos métodos de comunicación e unha estrutura social moi desenrolada. Certas especies (Larus argentatus) posúen condutas moi complexas.
Moitas especies de gaivota aprenderon a coexistir co home medrando as súas poboacións en zonas preto de núcleos urbanos costeiros.
Os ornitólogos clasifican ás gaivotas en dous subgrupos:
- As gaivotas de testa branca e ás grandes ex. Larus argentatus, Larus marinus, Larus fuscus.
- As gaivotas de ás brancas menores ex. Larus glaucoides, Larus hyperboreus.
A hibridación entre as especies de gaivota adoita ser frecuente, aínda que depende das especies.
A taxonomía das gaivotas é complicada, especialmente nas de testa branca.
[editar] Clasificación
Xénero Larus
- Larus smithsonianus Gaivota americana
- Larus serranus, Gaivota andina
- Larus armenicus, Gaivota armenia
- Larus audouinii, Gaivota de Audouin
- Larus belcheri, Gaivota de Belcher ou Gaviota cangrexeira
- Larus bulleri, Gaivota de bico negro
- Larus ridibundus, Gaivota chorona
- Larus crassirostris, Gaviota de cola negra
- Larus philadelphia, Gaviota de Bonaparte
- Larus brunnicephalus, Gaviota de testa marron
- Larus maculipennis, Gaivota de caperuza marrón
- Larus californicus, Gaivota de California
- Larus cachinnans Gaivota do Caspio
- Larus canus, Gaivota común,
- Larus scoresbii, Gaivota Dolphin
- Larus vegae, Gaivota do leste de Siberia
- Larus pipixcan, Gaivota de Franklin
- Larus hyperboreus
- Larus glaucescens
- Larus marinus
- Larus ichthyaetus
- Larus modestus
- Larus cirrocephalus
- Larus hartlaubii
- Larus heermanni
- Larus argentatus
- Larus heuglini
- Larus glaucoides, Gaivota de Islandia,
- Larus dominicanus, Gaivota cociñeira.
- Larus atricilla
- Larus fuliginosus
- Larus fuscus, Gaivota escura,
- Larus minutus
- Larus melanocephalus
- Larus atlanticus, Gaivota de Olrog
- Larus pacificus
- Larus scopulinus
- Larus relictus
- Larus delawarensis
- Larus saundersi
- Larus novaehollandiae
- Larus schistisagus
- Larus genei
- Larus hemprichii
- Larus thayeri
- Larus occidentalis
- Larus leucophthalmus
- Larus livens
- Larus michahellis, Gaivota patiamarela
- Larus maculipennis
- Larus hyperboreus
Xénero Creagrus
- Creagrus furcatus
Xénero Pagophila
- Pagophila eburnea
Xénero Rissa
- Rissa tridactyla, Gaivota tridáctila
- Rissa brevirostris
Xénero Rhodostethia
- Rhodostethia rosea
Xénero Xema
- Xema sabini
[editar] Ligazóns externas
- Rudy's Gull-index: Imaxes das distintas especies de gaivotas.
- The Norwegian Gull Page: Arquivo de tódalas especies de gaivotas de Europa.
- Imaxes de paxaros - Gaivotas: Imaxes e descripcións das gaivotas de España, Países Baixos, Francia e Polonia.
- Videos de Gaivotas na Internet Bird Collection