Lagoa de Pitillas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Lagoa de Pitillas, orixinariamente coñecida como Lagoa de Sabasán, é unha zona húmidal endorreica (sen desaugue) situado entre os concellos de Pitillas e Santacara en Navarra, (España)
Este humidar é usado por multitude de aves acuáticas para aniñaren ou para descansaren na súa viaxe migratoria. As aves xunto con a fauna asociada a este ecosistema converten a lagoa de Pitillas nun espazo natural dunha grande biodiversidade.
[editar] Descrición e situación
Cunha superficie dunhas 300 ha exténdese polo territorio municipal de Pitillas, aínda que unha pequena parte pertence a Santacara. É un humidar de tipo estepario e de orixe endorreica, sendo considerado como un dos máis importantes no val do Ebro e o máis extenso de Navarra. As augas que alimentan a lagoa proceden da serra de Ujué, do barranco do Pozo de Pastor e doutros próximos menos importantes. A profundidade, en condicións de nivel normal de auga, non supera os 2 metros.
Está sita a 3 km de Pitillas, accedéndose ao seu entorno pola estrada N-121 que une este concello co veciño de Santacara. Ha nha pista que, partindo da estrada, achega até o aparcamento e o observatorio de aves.
[editar] Protección
En 1987 incorporouse o espazo á rede de Espacios naturales protegidos de Navarra[1] como Reserva Natural, RN 27, realizándose a delimitación do territorio a protexer. Entre os anos 1991 e 1996 deslindouse a banda de protección do humidar.
En 1990 foi declarada Zona de Especial Protección para las Aves (ZEPA) e no 1991 na rede de Zonas de Especial Protección para las Aves, ao amparo da Directiva 79/409/CEE. En 1997 quedou incluída na lista de humidais de importancia internacional da Convención de Ramsar e máis no Inventario de Zonas Húmedas de Navarra. Está proposta para a incorporación á Red Natura 2000.