La Polla Records
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
La Polla Records | |
---|---|
{{{caption}}} |
|
Información | |
Orixe | Álava - País Vasco |
País | Euskadi |
Período | 1979-2003 |
Xénero(s) | Punk |
Selo(s) discográfico(s) | |
Membros | Evaristo Abel Sume Txarly Fernandito |
Antigos membros | |
Web oficial |
La Polla Records é un grupo de música punk, procedente de Euskadi.
Índice |
[editar] Historia
La Polla Records formouse en 1979 en Salvatierra provincia de Álava no País Basco por Evaristo (vocalista), Fernandito na batería, Maleguin no baixo, Txarly na guitarra líder e Some na outra guitarra. O nome da banda resulta controvertido porque en España "polla" é como se lle chama vulgarmente ao pene. Segundo Evaristo:
Saíu porque diciamos moito "me cagon la polla" e records non sabiamos que queríaa dicir disco en inglés, xa que non sabiamos, senón que puxémosllo no sentido dos records de atletismo.
Inicialmente adoitaban tocar en garaxes ou bares, xa que a primeira vez que actuaron foi no bar do seu pobo, pero foi en 1983 cando lanzaron o seu primeiro álbum "¿Y ahora que?", que contiña só 4 cancións baixo a discográfica independente "Oihuka".
Con todo, en 1984 sacan un álbum máis completo de 19 cancións chamado "Salve". Nas súas letras fan fortes críticas contra o fascismo, capitalismo, catolicismo, alienación, moda, e outros factores da sociedade, algo que caracterizaría toda a súa carreira.
Os anos seguintes gravan "Revolución" (aquí foi o primeiro cambio no baixo de Maleguin por Abel, primo de Fernandito), "No somos nada", "En directo" (gravado nun concerto, en Lakuntza), "Ellos dicen mierda nosotros amén", "Los jubilados", "Barman", "Negro" e "Hoy es el futuro".
En 1991 un tribunal prohibe o nome da banda debido a un contencioso cun antigo técnico de son expulsado do grupo, pero LPR ignorando a sentenza saca o álbum "Bajo presión", un nome moi significativo do que estaba pasando ao redor do grupo. Finalmente en 1996 cambian o nome deixando unicamente "La Polla" co CD de "Carne para la picadora".
Posteriormente lanzan o álbum titulado "La Polla Enturecto" o cal tamén foi gravado en vivo como unha recopilación. En 1999 celebran os 20 anos de LPR gravando "Toda la puta vida igual". Logo lanzan "Bocas" e Txarly deixa a banda sendo substituído por Jokin de M.C.D.
En 2002 cando seguen tocando e dando concertos, morre Fernandito (batería) o 22 de setembro. LPR cancela todos os seus concertos e xiras. Logo da perda de Fernandito, sacan o seu último álbum como ben indica o seu título: "El último (el) de la Polla", e poñen fin a 23 anos de carreira.
Evaristo decidiuse a sacar un libro chamado "Por los hijos lo que sea" en que narra relatos, historias ou anécdotas que teñen o mesmo propósito que as súas letras, continuando tamén a súa carreira musical con grupos como "The Kagas", "The Meas" e actualmente con "Gatillazo" preparando o seu segundo traballo.
O grupo non foi amante das promociones nin das gravacións en vídeo. Durante o seu dilatada carreira realizaron poucos vídeo clips.
[editar] Membros orixinais
Evaristo Páramos - voz
Abel - baixo
Fernando - batería
Txarly - guitarra
Sume - guitarra
[editar] Última formación
Evaristo - voz
Abel - baixo
Tripi - batería
Txiki - guitarra
Sume - guitarra
Membros pasados
Maleguin - baixo . Desde "Y ahora que?" 1983, ata "Salve" 1984.
Jokin - guitarra. Estivo no disco "Bocas" 2001, trala marcha de Txarly do grupo. Ex-guitarrista de MCD, e posteriormente de Motorsex.
Txarly - guitarra. Desde "Y ahora que?" 1983 ata "Toda la puta vida igual" 1999. Deixou o grupo por un accidente que afectoulle á audición.
[editar] Discografía
Álbumes
Banco Vaticano (Maqueta) - 1981
Y ahora qué? - 1983
Salve - 1984
Revolución - 1985
No somos nada - 1987
Donde se habla - 1988
En directo - 1988
Ellos dicen mierda nosotros amén - 1990
Los jubilados - 1990
Barman - 1991
Negro - 1992
Hoy es el futuro - 1993
Bajo presión - 1994
Carne para la picadora - 1996
En tu recto - 1998
Toda la puta vida igual - 1999
Bocas - 2001
El último (el) de La Polla - 2003
Vamos entrando (directo) - 2004
[editar] DVD
Vamos Entrando, 2004, Festival Viña Rock. Villarrobledo, Albacete.
[editar] Recompilatorios
Volumen 1
Volumen 2
Volumen 3
Volumen 4
14 Años de La Polla