See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
La Banda Trapera del Río - Wikipedia

La Banda Trapera del Río

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

La Banda Trapera del Río

{{{caption}}}
Información
Orixe Cornellá de Llobregat-Barcelona
País España
Período 1976-1982; 1992-1994
Xénero(s) Punk rock
Selo(s) discográfico(s) Belter, Munster
Membros Morfy Grey
Tío Modes
Rockhita
Ray Ban
Raf Pulido
El Montoya
El Subidas
Antigos membros
Web oficial


La Banda Trapera del Río foi unha banda de punk rock nacida no barrio La Satélite (hoxe renombrado San Ildefonso) de Cornellà de Llobregat, (Barcelona). Precursores do punk en España e autores da primeira canción rock en catalán: «Ciutat Podrida"» («Cidade podrecida», en galego). Estiveron activos desde 1976 a 1982. En 1992, con motivo da reedición das súas dous primeiros LPs, o grupo volveuse a xuntar. Gravaron dous discos máis e volvéronse a separar en 1994.

Forman parte da lenda urbana transgresora e esquecida da vida de extrarradio do cinto barcelonés, que viviu á marxe do rexurdir da cultura catalá e da transición democrática de entón.

O seu guitarrista, Modesto Agrearche, faleceu en 2004.


[editar] Historia

O grupo formouse en 1976, xusto antes da explosión do movemento punk no Reino Unido. O estallido punk foi unha das súas principais influencias no sentido da provocación, xa que musicalmente, máis que ao punk, a súa música aproximábase ao rock duro, son co que o grupo estaba máis familiarizado (algúns dos seus membros proviñan de grupos de rock sinfónico ou progresivo.

Tras cambiar dúas veces de nome (foron "Al rojo vivo" primeiro e "4x3" despois) comezaron a tocar en directo, onde empezaron a gañar fama prol a súa actitude provocadora tocasen onde tocasen. Comezaron a compoñer tamén as súas propias cancións, coa provocación como bandeira. De feito, Morfy Grey recoñeceu que a letra de «La regla» (tema presente no seu primeiro sinxelo) escribiuna unicamente con afán de provocar.

En 1978 recibiron varias ofertas para editar un álbum, decidíndose finalmente pola aposta de Belter. A relación coa discográfica non foi boa en ningún momento. Ese ano apareceu «La Regla» / «Rock Cloaca», considerado como unha das pedras fundacionales do punk en España. A publicación da Banda Trapera del Río atrasouse case un ano, malia que o álbum estaba gravado. Ademais o grupo sempre se queixou que Belter enganáballes coas cifras de vendas e non lles pagaba os roialties.


[editar] Membros

Fundadores

Morfy Grey (Miguel Ángel Sánchez): voz.

Tío Modes (Modesto Agriarte): guitarra solista.

Rockhita (1976-1979): guitarra rítmica

Ray Ban (1976-1979): baixo

Raf Pulido: batería

Otros miembros

«El Montoya» (1976-1980): baixo.

«El Subidas» (Jordi Pujadas, 1980-1982): baixo


[editar] Discografía

Álbumes

La Banda Trapera del Río (Belter, 1979). LP. Reeditado en 1992 por Munster Records.

Guante de guillotina (Munster, 1993). LP e CD.

Directo a los Cojones (Munster, 1994). CD e dobre LP. Disco en directo.

Mentemblanco (Munster, 1994). CD e LP.

1978/1982. Grabaciones Completas (Munster, 2006). Dobre CD/LP cos dous primeiros álbums remasterizados e temas inéditos en directo e das suas maquetas.

Singles

«La Regla» / «Rock Cloaca» (Belter, 1979). Reeditado en 2006 por Munster.

«Tu pistola no me mola» (Discophon, 1983). Single promocional.

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -