Kim Gordon
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Kim Gordon | |
---|---|
Kim Gordon no 2005{{{caption}}} |
|
Nome completo | Kim Althea Gordon |
Nacido o | 28 de abril de 1953 |
Orixe | Rochester, Nova York. Estados Unidos |
Instrumento(s) | Guitarra Baixo Voz |
Bandas | Sonic Youth |
Kim Althea Gordon (nacida o 28 de abril de 1953, en Rochester, Nova York) canta, toca o baixo e a guitarra na banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth. Ela tamén toca na banda Free Kitten con Julie Cafritz (de Pussy Galore), e colaborou con moito músicos como Ikue Mori, DJ Olive, William Winant, Lydia Lunch, Alan Licht e Chris Corsano.
[editar] Biografía
A súa nai era costureira, medrou nos Ánxeles e estudou na escola de arte da UCLA (Universidade de California). Despois de graduarse mudouse a Nova York e uníuse á banda CKM, con Christine Hahn e Miranda Stanton. Através de Stanton, Gordon coñeceu aos seus futuros compañeiros de banda Lee Ranaldo e Thurston Moore. Os tres formaron Sonic Youth en 1981, orixinalmente co nome "The Arcadians". En 1984, casou con Thurston Moore, e ambos tiveron unha filla, Coco Hayley Gordon Moore, en 1994.
En 1989, Gordon, Sadie May e Lydia Lunch formaron a banda Harry Crews e editaron o álbum Naked in Garden Hills. Tamén foi un dos produtores do primeiro álbum de Hole, Pretty on the Inside, editado en 1991, e codirixiu o video de The Breeders "Cannonball", xunto a Spike Jonze.
Gordon, Moore e Coco actualmente viven en Northampton, Massachusetts.
Sonic Youth |
Membros |
---|
Kim Gordon - Thurston Moore - Lee Ranaldo - Steve Shelley |
Jim Sclavunos - Richard Edson - Bob Bert - Jim O'Rourke |
Discografía |
Álbumes: Sonic Youth - Confusion Is Sex - Sonic Death - Bad Moon Rising - EVOL - Sister - The Whitey Album - Daydream Nation - Goo - Dirty - Experimental Jet Set, Trash and No Star - Screaming Fields of Sonic Love - Washing Machine - Made in USA - A Thousand Leaves - NYC Ghosts & Flowers - Murray Street - Sonic Nurse - Rather Ripped - The Destroyed Room: B-sides and Rarities |