See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Kaizen - Wikipedia

Kaizen

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Alto!!! Este artigo está sendo editado.
Este artigo está actualmente sendo editado.
Por favor, non faga ningunha edición neste artigo mentres esta mensaxe siga aparecendo para evitar así conflitos de edición.
Se precisa saber quen está traballando no artigo, por favor revise o historial de edicións
(O tempo máximo de presenza deste marcador no artigo é dun mes; pasado ese tempo debe retirarse).


Kaizen (改善, palabra xaponesa que significa "cambiar para mellor" ou "melloría", tradúcese habitualmente por "melloría continua") é unha aproximación á melloría da productividade que ten a súa orixe no traballo de expertos americanos tales como Frederick Winslow Taylor, Frank Bunker Gilbreth, Walter Shewhart, e o Departamento de Defensa dos EEUU, e o programa xaponés de progreso na industría trala segunda guerra mundial. O desenvolvemento de Kaizen viu da man dos circulos de control da calidade, pero Kaizen non está limitado ao aseguramente da calidade

Os obxetivos de Kaizen inclúen a eliminación de lixo (definido como as actividades que engaden custo pero non engaden valor), entregas Just In Time, reparto da cantidade e tipo da carga de produción, traballo estandarizado, equipamento ben dimensionado, etc. Unha definición máis cercana do uso de Kaizen é "apartalo, e devolvelo mellor do que estaba". O que se aparta pode ser un proceso, sistema, produto ou servizo.

Índice

[editar] Introducción

Kaizen é unha actividade diaria cun propósito que vai máis alá da melloría. Tamén é un proceso que, cando se fai correctamente, humaniza o posto de traballo, elimina o traballo duro (tanto mental como físico), e ensina á xente como pode usar o método científico para aprender a ver i eliminar o "lixo" no proceso de negocio.

Moitas veces non se entende Kaizen e aplícase incorrectamente, resultando en malos resultados incluindo, por exemplo, despidos. Esto recibe o nome de "kaiaku" - literalmente, "cambio para peor". Os despidos non son a intención de kaizen. Pola contra, kaizen debe ser practicado en tandem co principio de respecto polos empregados. Sin respecto polos empregados, non pode haber melloría continua. En lugar diso, o resultado habitual son ganancias puntuais que rapidamente desaparecen.

Kaizen debe ser implantado tendo en conta tres principios básicos: procesos e resultados (e non só resultados); pensamento sistemático (isto é, ter unha visión conxunta do sistema); e evitar á crítica negativa (porque os reproches son unha perda de tempo).

Todo o mundo participa en kaizen; empregados en tódolos niveis da organización, dende o xerente cara abaixo, así como actores externos si fose necesario.

O único xeito de entender completamente o obxectivo, significado e poder de kaizen é a través da participación directa en repetidas ocasións.

[editar] Traducción

En xaponés pronunciase 'kaizen':

改 ('kai') signigica 'cambio', e

善 ('zen') significa 'bó'.

En chinés pronunciase 'gai shan':

改善 ('gai shan') significa 'cambio para mellor'.

改 ('gai') significa 'cambio' ou 'a acción de corrixir'.

善 ('shan') significa 'bó' ou 'beneficio'. 'Beneficio' está máis relacionado coa filosofía Budista ou Taoista, que define 'shan' como a acción que beneficia á sociedade máis que a un individuo partícular. En outras palabras, non podería ser un beneficio obtido a costa de outros.

[editar] Historia

Despois da Segunda Guerra Mundial, as forzas de ocupación traen de America expertos familiarizados cos métodos de control estatístico e cos programas de entrenamento TWI (Training Within Industry) deseñados polo departamento de defensa para recuperar nacións gravemente afectadas pola guerra. Os programas TWI incluían formación en melloría de procesos, e traballo estándar. En conxunción co ciclo de Shewhart ensinado por W. Edwards Deming, e outros métodos estatísticos ensinados por Joseph M. Juran, estas foron as bases da revolución kaizen que tivo lugar no Xapón[1] nos 1950s.

[editar] Aplicacións

O sistema de produción Toyota é coñecido polo seu uso do kaizen, onde calquera operario das liñas de montaxe debe parar a liña de produción en caso de detectar calquera anormalidade, e, en conxunto co seu supervisor, suxerir unha melloría que resolva a anormalidade.

Kaizen normalmente ten lugar dando pequenos e continuos pasos, de ahí a traducción máis habitual: "mellora continúa". Con todo, os cambios radicais nos obxectivos, tales como o Just In Time ou ás liñas móviles, tamén precisan do apoio da alta dirección.

O ciclo dunha actividade kaizen pode ser definido do seguinte xeito: estandarizar unha operación -> medir a operación estandarizada (rexistrando o tempo de cada ciclo, e a cantidade do inventario durante o proceso) ->

The cycle of kaizen activity can be defined as: standardize an operation -> measure the standardized operation (find cycle time and amount of in-process inventory) -> comparar as medidas cos requisitos -> innovar para cumprir os requisitos incrementando a productividade -> estandarizar a nova operación mellorada -> continuar o ciclo ate o infinito. Isto tamén é coñecido como o ciclo de Shewhart, ciclo Deming, ou PDCA (Plan->Do->Check->Act).

O "zen" en kaizen pon ó énfase en "aprender facendo", durante a melloría da produción. Esta filosofía está enfocada nunha dirección diferente dos programas de melloría "command-and-control", de mediados do século XX. A metodoloxía kaizen basease en facer cambios e analizar os resultados, e logo axustar. Plans a grande escala, e extensivos proxectos de planificación son reemplazados por experimentos de melloría máis pequenos, que poden ser implantados rapidamente segundo as mellorías van sendo suxeridas.

Masaaki Imai fixo famoso o termo no seu libro Kaizen: A chave do éxito competitivo xaponés. Un apéndice dese libro inclúe unha referencia á estratexia de orde e limpeza das 5S.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

  • CANI
  • 5S
  • Reinxeñería dos procesos de negocio
  • eXtreme Programming
  • Kanban
  • Fabricación en liña
  • Poka-yoke
  • Teoría das restriccións
  • TPM ou Mantemento Total Productivo
  • Sistema de produción Toyota

[editar] Bibliografía

  • Dinero, Donald (2005), Training Within Industry: The Foundation of Lean", Productivity Press, ISBN 1-56327-307-1
  • Emiliani, M.L., with Stec, D., Grasso, L. and Stodder, J. (2003), Better Thinking, Better Results: Using the Power of Lean as a Total Business Solution, The CLBM, Kensington, Conn., ISBN 0-9722591-0-4
  • Imai, Masaaki (1986), Kaizen: The Key to Japan's Competitive Success, McGraw-Hill/Irwin, ISBN 0-07-554332-X
  • Imai, Masaaki, Gemba Kaizen: A Commonsense, Low-Cost Approach to Management McGraw-Hill; 1 edition (March 1, 1997) ISBN 0-07-031446-2

[editar] Ligazóns externas

[editar] Notas

  1. The Roots of Lean: Training within Industry - the origin of Kaizen, Jim Huntzinger, AME, Target Volume 18 No 1, First Quarter 2002, p 13


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -