K-Meleon
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
K-Meleon é un navegador libre baseado en Gecko. O obxectivo de K-Meleon é proveer un navegador lixeiro para Windows, similar a Galeon ou Firefox. K-Meleon distribúese baixo licenza GPL.
Destaca particularmente a súa rapidez (superior a Mozilla, Netscape ou Firefox, e moi superior a Internet Explorer) e o seu escaso consumo de recursos do sistema, o cal fai que funcione perfectamente en ordenadores moi antigos. Asimesmo é configurable e modificable ata o infinito, sendo moi sinxelo engadirlle calquer funcionalidade (aínda que non fora en principio prevista polos seus creadores). Os foros da súa páxina oficial son moi activos e dunha utilidade inusitada, sendo o mellor lugar para recibir soporte técnico e consellos dos seus membros.
Como se utiliza a interfaz nativa de Windows no lugar de XUL, en K-Meleon non se poden instalar extensións e temas de Mozilla, posiblemente unha das características máis importantes dos navegadores de Mozilla. Sen embargo, K-Meleon ten o seu propio conxunto de addons como macros e skins, que poden extender as funcionalidades e personalizar a apariencia do navegador.