Just Fontaine
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Just Fontaine | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Just Fontaine | ||
Alcume: | ' | ||
Data de nacemento: | 18 de agosto de 1933 | ||
Lugar de nacemento: | Marraquech, Marrocos Francés | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | |||
Clube actual: | Retirado | ||
Posición: | Dianteiro Centro | ||
Altura: | metros | ||
Partidos internacionais: | 21 | ||
Goles: | 30 (selección), 195 en total | ||
Ano do debut: | 1950 | ||
Clube do debut: | USM Casablanca | ||
Ano do retiro: | 1962 | ||
Clube do retiro: | Stade de Reims |
Just Fontaine (nado o 18 de agosto de 1933 en Marraquech, Marrocos Francés) é un ex-futbolista francés. Ten a marca de máis goles anotados nun mesmo mundial, 13 goles en Mundial de Fútbol Suecia 1958. Na clasificación de máis goles en total figura no terceiro posto, detras de Gerd Muller con 14 en 2 mundiais e Ronaldo con 15 en 4 mundiais.
Fontaine comeza a súa carreira no USM Casablanca, onde xoga entre 1950 e 1953. o Nice reclútao ese mesmo ano, onde xogará ata 1956 e anotará 44 goles. Rematará no Stade de Reims sustituíndo a Raymond Kopa e con 121 goles en seis tempadas. En total, na liga francesa marcou 165 goles en 200 encontros, e gañou dúas veces o campionato, en 1958 e 1960.
Coa selección francesa, os seus números son aínda máis impresionantes. No seu debut o 17 de decembro de 1953 anota 3 goles contra Luxemburgo, rematando o encontro en 8-0. En total coa escadra nacional marcou 30 goles en 21 partidos, entre eles os 13 do mundial de 1958. Segundo conta o propio Fontaine, neste torneo tirou dezasete veces a porta: trece goles, tres paradas dos porteiros e un remate fóra.
Fontaine xogou o seu derradeiro encontro en xullo de 1962, obrigado a retirarse por mor dunha lesión recorrente.
Foi elixido por Pelé coma un dos 125 mellores futbolistas vivos en marzo de 2004. Tamén foi escollido mellor xogador francés dos últimos 50 anos pola Federación Francesa de Fútbol en novembro de 2003 [1].