See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Jura - Wikipedia

Jura

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Jura (homónimos).
Mapa de Jura na rexión de Argyll
Mapa de Jura na rexión de Argyll

Jura (en gaélico escocés Diùra) é unha illa das Hébridas Interiores, en Escocia, contigua e ao nordés de Islay. A illa está recoñecida como National Scenic Area, que é un estatuto de conservación especial.

Cunha extensión de 228km², e só arredor de 180 habitantes, ten unha densidade poboacional considerabelmente menor que a veciña Islay. O maior asentamento é a vila de Craighouse na costa leste. Craighouse é sede da única destilaría da illa, onde se fai o Whisky da illa de Jura. Na vila tamén está o único hotel, tenda e igrexa.

É estraño que unha vila do tamaño e a poboación de Jura, tan próxima ao territorio principal de Escocia, non conte cunha conexión directa por ferry, aínda que en setembro de 2007 se iniciase un servizo de pasaxeiros a xeito de proba entre Craighouse e Tayvallich, no territorio principal. Porén, existe un pequeno ferry para coches que opera a través do Estreito de Islay entre Port Askaig en Islay e Feolin Ferry en Jura. Desde Feolin Ferry unha estrada de carril único segue a liña costeira do sur e o leste da illa. Na punta sur da illa, a medio camiño entre Feolin e Craighouse, a estrada pasa por Jura House[1], cuxos xardíns, grazas ao seu aspecto sureño e resgardado, fan de fogar para exóticos espécimes de plantas procedentes de Australasia. Os xardíns están abertos ao público. Ao norte de Craighouse a estrada leva a Lagg, Tarbert, Ardlussa e alén. Un sendeiro privado vai desde a estrada até o estremo norte da illa.

A costa oeste de Jura non ten habitantes permanentes, mais acolle varias terrazas costeiras. Entre a punta norte de Jura e a illa de Scarba atópase o Golfo de Corryvreckan onde os remuiños fan que o paso sexa perigoso cando hai certos niveis na marea.

A illa ten unha grande poboación de cervos vermellos e é unha crenza xeralizada que o nome de Jura provén de hjörtr, a palabra en Escandinavo antigo para "cervo". Os cervos evitan que a illa recupere a súa antiga paisaxe de fraga; de feito, antes das talas e a abundancia de cervos, críase que o nome da illa viña da "grande cantidade de tezos que crecían na illa";[2]

[editar] Paps de Jura

A illa está dominada por tres montañas de cuarcita cónicas no seu lado oeste (coñecidas como Paps of Jura) que se alzan 762m. Os tres maiores picos son:

  • Beinn an Òir (gaélico: Montaña de Ouro), o pico máis alto, que acada os 785 m, polo que se trata dun Corbett.
  • Beinn Shiantaidh (gaélico: Montaña Sacra) a súa altura é de 755 m.
  • Beinn a' Chaolais (gaélico: Montaña do kyle) é o máis baixo das Paps, con 734 m.

As paps dominan toda a paisaxe da rexión e poden ser vistas desde Mull of Kintyre e, nun día claro, desde Skye e Irlanda do Norte. A ruta da carreira Isle of Jura Fell Race, celebrada cada ano, inclúe as tres Paps e outros catro outeiros.

Estes outeiros foron o tema da obra mestra de William McTaggart de 1902: The Paps of Jura[3] agora exposta no Kelvingrove Art Gallery and Museum.[4]

[editar] Literatura e cinema

Cara ao estremo norte de Jura, algunhas millas alén da fin da estrada asfaltada, atópase Barnhill, unha remota casa que foi o lar do novelista George Orwell, e onde rematou a súa obra mestra 1984. Á parte da conexión con Orwell, Jura é se cadra máis coñecida por un acontecemento que tivo lugar o 23 de agosto de 1994, cando Bill Drummond e Jimmy Cauty, coñecidos daquela como o grupo musical KLF, se filmaron a si mesmos queimando 1 millón de libras en billetes, nun varadoiro abandonado da illa.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -