See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Julio Camba - Wikipedia

Julio Camba

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Xulio Camba Andreu (Vilanova de Arousa, 16 de decembro de 1884 - Madrid, 28 de febreiro de 1962) foi un cronista galego de comezos do século XX.

Índice

[editar] Biografía

Naceu nunha familia de clase media. Seu pai era médico e mestre. Ós 16 anos marcha da casa e embarca de polisón nun barco cara Arxentina. En Bos Aires introdúcese nos círculos anarquistas e fai as súas primeiras armas literarias redactando proclamas e panfletos. Neses artigos mostraba o seu apoio á facción individualista do anarquismo na recén fundada FORA, xustificando o exemplo pola acción. Escribiu no periódico La Protesta, dirixido por Diego Abad de Santillán e Emilio López Arango.

A consecuencia disto, o 30 de novembro de 1902 é expulsado de Arxentina, xunto a Adrián Troitiño e outros sindicalistas. Ó chegar a Pontevedra comezou a colaborar no Diario de Pontevedra, pero axiña marchou a Madrid. En 1904 empeza a colaborar en España Nueva e no suplemento Los Lunes do Imparcial. Tamén colaboraba na Revista Blanca ou Tierra y Libertad. Ademais fundou o semanario El Rebelde, que duraría un ano e medio (1904-1906).

En 1906 comeza a súa carreira como correspondente no estranxeiro, enviando crónicas desde Constantinopla para La Correspondencia de España. Ó seu regreso a España comeza a colaborar co ABC, onde seguiría ata a súa morte. Exerce de correspondente en París e Londres. En 1911 está en Alemaña e en 1916 viaxa a Nova York.

Volve a Madrid en 1917, pero continúa viaxando: en 1921 volve como corresponsal a Berlín, e entre 1929 e 1931 desarrolla o seu traballo desde Nova York. As súas ideas anarquistas enfríanse notablemente durante a década de 1920, e durante a guerra civil expresa as súas simpatías polo bando franquista. Seguiu viaxando ata 1949, cando fixa a súa residencia en Madrid por motivos de saúde, vivindo no Hotel Palace ata a súa morte na clínica Covesa a consecuencia dunha embolia.

[editar] Estilo

A súa obra está caracterizada pola imaxinación, o humor, a capacidade de observación e un espírito crítico, literario, que captura o lector con intelixencia e extraordinaria eficacia.

O estilo de Camba desborda ledicia e o seu humorismo é atractivo e agradábel. Nos seus artigos descobre a capacidade do lector para chegar alén dos parágrafos en branco. Na configuración do seu estilo teñen grande importancia as súas viaxes por todo o mundo que deron lugar a grandes traballos nun tono humorístico intelectual, aínda que no fondo sempre figura o sarcasmo galego, o que fixo que Azorín definira o seu estilo literario como "humorismo galaico pasado por Londres".

[editar] As crónicas

Camba escribiu crónicas dos lugares onde ía, comezando por unha viaxe de vacacións a Vilanova, ata Constantinopla, Londres, Berlín, París, etc. Escribía sobre as xentes e os costumes caracterizando cada lugar que visitaba, tratando temas como a política, as mulleres ou os ambientes, se ben tiña os seus propios estereotipos.

Pero tamén escribiu crónicas temáticas, como a crónica parlamentaria Diario de un escéptico, na que, como anarquista, tiña moito que criticar (sobre todo a Maura, dirixente do Partido Conservador).

[editar] Obra

Agás La casa de Lúculo, o resto dos libros son recompilacións de artigos xornalísticos.

  • El destierro (1907)
  • Londres (1916)
  • Alemania, impresiones de un español (1916)
  • Playas, ciudades y montañas (1916)
  • Un año en otro mundo (1917)
  • La rana viajera (1921)
  • Aventuras de una peseta (1923)
  • El matrimonio de Restrepo (1924)
  • Sobre casi todo (1927)
  • Sobre casi nada (1927)
  • La casa de Lúculo (1929)
  • Haciendo de República (1934)
  • Esto, lo otro y lo de más allá (1945)
  • Millones al horno (1958)
Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -