Julian Barnes
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Julian Patrick Barnes (Leicester, Inglaterra, 19 de xaneiro de 1946) é un escritor contemporáneo inglés. As súas novelas e relatos foron vistos como exemplos de literatura posmoderna. Foi tres veces finalista do Premio Booker con Flaubert's Parrot (1984), England, England (1998), e Arthur & George (2005), esta última traducida para o galego por Rinoceronte Editora. É autor de novela policial baixo o pseudónimo de Dan Kavanagh.
Índice |
[editar] Vida
Despois de estudar na City of London School e no Magdalen College de Oxford, traballou como lexicógrafo para o OED, o Oxford English Dictionary. Con posterioridade, traballou como editor literario e crítico de cine.
Vive coa súa muller nas aforas de Londres, onde agora se dedica a escribir a tempo completo. O seu irmán, Jonathan Barnes é un filósofo especializado en filosofía antiga.
A súa axente literaria é Pat Kavanagh, que tamén fixo durante certo tempo de axente do seu amigo de outrora Martin Amis.
[editar] Obras
A última novela publicada por Barnes, Arthur and George, saíu do prelo o 7 de xullo de 2005. A súa versión galega Arthur e George foi traducida polo escritor e xornalista de La Voz de Galicia, Xesús Fraga. Relata unha historia verídica acaecida a principios do século XX que ocuparía os titulares dos periódicos do seu tempo.
A listaxe completa de obras ofrécese a seguir. A menos que se especifique o contrario deben considerarse novelas.
- Metroland (1980)
- Before She Met Me (1982)
- Flaubert's Parrot (1984)
- Staring at the Sun (1986)
- A History of the World in 10½ Chapters (1989)
- Talking it Over (1991)
- The Porcupine (1992)
- Letters from London (1995) — (xornalismo publicado en The New Yorker)
- Picador, London, ISBN 0-330-34116-2
- Cross Channel (1996) — (relatos breves)
- England, England (1998)
- Love, Etc. (2000)
- Something to Declare (2002) — (ensaios)
- The Pedant in the Kitchen (2003) — (xornalismo culinario)
- The Lemon Table (2004) — (relatos breves)
- Arthur & George (2005). Versión ó galego en Rinoceronte Editora
[editar] Obras baixo o pseudónimo de Dan Kavanagh
- Duffy (1980)
- Fiddle City (1981)
- Putting the Boot In (1985)
- Going to the Dogs (1987)