Julia Roberts
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Julie Fiona Roberts (n. 28 de outubro de 1967) é unha actriz estadounidense gañadora dos premios Oscar e Globo de Ouro.
Índice |
[editar] Biografía
Julia Roberts naceu en Smyrna (Xeorxia, EEUU) o 28 de outubro de 1967, bautizada como Julie Fiona Roberts. Os seus pais, antes de que ela nacese, mantiveran un taller de interpretación.
Os seus pais divorciáronse en 1971. O pai, Walter, era vendedor e mantivo sempre con Julia unha relación moi profunda. Morreu de cancro en 1976, cando ela apenas contaba nove anos, o que a afectou profundamente.
Julia ten dous irmáns, o popular Eric Roberts (1956) e Lisa (1965), que tamén son actores. Ten tamén unha medio irmá: Nancy.
Julia asistiu á escola primaria de Fitzhugh, continuou os seus estudos en Griffiny finalizounos na High School de Campell, todas elas na propia Smyrna.
Sempre quixo ser veterinaria, pero terminou estudando xornalismo, trasladouse con Lisa a Nova York e iniciou a súa carreira de actriz en 1987 cun pequeno papel en Firehouse. Custoulle conseguir outro traballo, ata que o seu irmán Eric, falou con Peter Masterson para que lle dese un papel no drama Blood Red, que non triunfou. A película ía ser dirixida polo propio Eric e o veterano Dennis Hopper.
Debutou na pantalla grande en Mystic Pizza (1988). En 1990, xunto a Richard Gere interpretou a unha prostituta en Pretty Woman, co que obtivo unha nominación ó Óscar. O seu entrañable personaxe en Pretty Woman seduciu a público e crítica. Daquela converteuse na actriz mellor pagada de Hollywood cun salario de entre 16 e 17 millóns de dólares por película. Sempre foi un reclamo millonario para taquilla.
Sendo unha das raíñas da comedia romántica, non lograra demostrar a súa valía en papeis máis serios. Esa espinita sacoulla uns anos máis tarde grazas a súa interpretación en Erin Brockovich, que lle valeu por fin o Oscar á mellor actriz. No ano 2001, Julia co-protagonizou xunto a Brad Pitt o filme The Mexican.
[editar] Vida persoal
Julia tivo moitos noivos, entre eles os actores: Liam Neeson, Dylan McDermott, Kiefer Sutherland, Jason Patric e Daniel Day-Lewis.
Casou o 27 de xuño de 1993 coa estrela da música country Lyle Lovett, en Marion (Indiana). A unión durou ata marzo de 1995 en que se divorciaron, aínda que ambos manteñen desde entón unha boa relación.
Na rodaxe do filme The Mexican namoraríase do cámara Danny Moder, rompendo a súa relación con Brad. Danny e Julia casarían no mes de xullo do ano 2002. O domingo 28 de novembro de 2004 Julia Roberts tivo en Los Ángeles ós xemelgos Phinnaeus Walter e Hazel Patricia. O 18 de xuño de 2007 nacía o terceira fillo da parella, Henry Daniel Moder.
[editar] Filmografía
- 1986 - Blood Red
- 1987 - Satisfaction
- 1987 - Baja Oklahoma
- 1988 - Mystic Pizza
- 1989 - Steel Magnolias
- 1989 - Pretty Woman
- 1990 - Flatliners
- 1990 - Sleeping with the Enemy
- 1991 - Dying Young
- 1992 - Hook
- 1992 - The Player
- 1993 - The Pelican Brief
- 1994 - A century of cinema
- 1994 - I Love Trouble
- 1994 - Prêt-à-porter
- 1995 - Something to Talk About
- 1996 - Michael Collins
- 1996 - Mary Reilly
- 1996 - Everyone Says I Love You
- 1997 - My Best Friend's Wedding
- 1997 - Conspiracy Theory
- 1998 - Stepmom
- 1999 - Notting Hill
- 1999 - Runaway Bride
- 2000 - Erin Brockovich
- 2000 - Ocean's Eleven
- 2001 - America's Sweethearts
- 2002 - Confessions of a Dangerous Mind
- 2003 - Monalisa Smile
- 2004 - Closer
- 2004 - Ocean's Twelve
- 2006 - Ant Bully
- 2006 - Charlotte's Web
[editar] Premios
[editar] Oscars
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2000 | Oscar á mellor actriz | Erin Brockovich | Gañadora |
1990 | Oscar á mellor actriz | Pretty Woman | Candidata |
1989 | Oscar á mellor actriz de reparto | Steel Magnolias | Candidata |
[editar] Globos de Ouro
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2001 | Globo de Ouro á mellor actriz - Drama | Erin Brockovich | Gañadora |
2000 | Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical | Notting Hill | Candidata |
1998 | Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical | My Best Friend's Wedding | Candidata |
1991 | Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical | Pretty Woman | Gañadora |
1990 | Globo de Ouro á mellor actriz de reparto | Steel Magnolias | Gañadora |
[editar] Ligazóns externas
- Sempre Julia Roberts
- Julia Roberts na Internet Movie Database (en inglés)