Juanillo Esteban
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Juanillo Esteban é un actor e guionista galego nacido na Coruña o 12 de abril de 1968.
Estudou produción e realización de vídeo-TV na CAI (A Coruña), interpretación, guión, produción de espectáculos en vivo e talleres de clown con Jango Edvards e Leo Bassi. Deuse a coñecer en 1993 no papel de Rufo Machado na comedia gore de culto A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos, dirixida por Antonio Blanco, quen, un ano despois, foi un dos creadores do xa mítico e revolucionario programa infantil da TVG Xabarín Club. Nel, Juanillo leva dende o principio poñendo a súa voz a Xabarín, o porcino personaxe principal e presentador animado, papel que repetirá na serie "spin-off" Os Vixilantes do Camiño. Ademais de como actor, Juanillo é coñecido pola sua faceta de monologuista, sendo o creador e intérprete do personaxe "Yoni Mediogramo". Tralo seu paso por varias series da TVG como Avenida de América e Fíos, ademais de intervencións en seis capítulos de Pratos combinados, Juanillo voltou en 2004 ós seus inicios no cinema de culto coa curtametraxe A Consulta do Dr. Natalio, de Javi Camino, na que interpreta o sinistro doutor do título, un científico tolo na mellor tradición da serie B, papel que o actor ven de repetir recentemente na longametraxe ¡Maldito Bastardo!.