Jordi Pujol i Soley
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jordi Pujol i Soley | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Jordi Pujol i Soley | ||
Data de nacemento: | 9 de xuño de 1930 | ||
Lugar de nacemento: | Barcelona, Cataluña | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Partido político: | Convergència Democràtica de Catalunya | ||
Cargo(s): | Presidente da Generalitat de Catalunya (1980 - 2003) | ||
Profesión: | Médico |
Jordi Pujol i Soley (Barcelona, 9 de xuño de 1930) é un político catalán, líder de Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) entre 1974 e 2003 e Presidente da Generalitat dende 1980 ata 2003.
É doutor en medicina pola Universidade de Barcelona. Casado con Marta Ferrusola o ano 1956. Ten 7 fillos.
Pujol foi arrestado o 1960 polas súas actividades antifranquistas, e foi sentenciado a sete anos de prisión, dos cales cumpriu dous e medio na prisión de Zaragoza e un de confinamiento na cidade de Xirona. Liderou as campañas contra o director de "La Vanguardia" Luis de Galinsoga, o os Feitos do Palacio e "Queremos Bispos Cataláns". Unha vez en liberdade, volveu á actividade política co obxectivo de organizar un movemento nacionalista catalán. Presidiu a entidade financeira Banca Catalana a cal foi un centro de finanzamento de actividades culturais catalás, como o grupo Enciclopèdia Catalana, Òmnium Cultural ou a Llibreria Ona.
Un dos impulsores da Asemblea de Cataluña, en 1974 foi un dos fundadores de Convergència Democràtica de Catalunya, e foi elixido Secretario Xeral. Foi Conselleiro da Generalitat de Catalunya en tempo do Presidente Josep Tarradellas.
Foi elixido Presidente da Generalitat en 1980, e reelixido no 1984, 1988, 1992, 1995 e 1999. No ano 2003 ao acabar o seu último mandato, retirouse da primeira liña política, deixando a dirección do partido en mans de Artur Mas.