Convergència Democràtica de Catalunya
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) é un partido político liberal progresista e nacionalista catalán fundado en 1974 nunha asemblea celebrada en Monserrat o 17 de novembro, aínda que non se constituiu como partido ata 1976, Jordi Pujol o seu carismático lider foi elixido secretario xeral mentres Miquel Roca tiña o posto de secretario xeral adxunto. Participou nas primeiras eleccións democráticas dentro do Pacte Democràtic per Catalunya. Esquerra Democràtica de Catalunya de Ramón Trias integrouse en CDC en 1978 e nese ano formou unha coalición con Unió Democràtica de Catalunya denominada Convergència i Unió (CIU), alianza que se mantén como federación, e que é a que se presenta ás eleccións. En 1989 Jordi Pujol pasou a ser o presidente de CDC e Miquel Roca o secretario xeral. Entre 1996 e o 2000 o seu secretario xeral foi Pere Esteve e desde entón éo Artur Mas, o candidato á presidencia da Generalitat por CIU.
CIU gañou as primeiras eleccións autonómicas de Cataluña en 1980 e o goberno catalán tivo como partido maioritario a CDC ata o 2003.
Índice |
[editar] Ideoloxía
Convergència Democràtica de Catalunya defínese como un partido liberal progresista e nacionalista catalán. Malia declararse cnos seus comezos de centro-esquerda, cos anos ten evolucionado cara a posicións máis conservadoras. De feito, tense considerado a Jordi Pujol influído ideoloxicamente polo personalismo francés de Emmanuel Mounier, polo espiritualismo de Enric Prat de la Riba e o misticismo de Raimon Galí i Herrera, conectando nacionalismo e cristianismo (Charles Péguy) e dándolle importancia á responsabilidade e á ética (Antoine de Saint-Exupéry), co fin de elaborar un nacionalismo humanista e ético.
[editar] Fundación
O partido foi fundado na I Asemblea fundacional no Santuari de la Mare de Déu de Montserrat o 15 de novembro de 1974, nunha reunión semiclandestina aproveitando o 75 aniversario do FC Barcelona, organizada por Miquel Sellarès i Perelló e Miquel Esquirol. Nela participaron 125 persoas, entre elas Joan Granados i Duran, Marc Teixonera, Jordi Pujol i Soley e Anton Cañellas, ademáis dun grupo de persoas próximas a Jordi Pujol, como Jaume Casajoana, Xavier Polo, Rafael Pradas, Oriol Panyella e Lluís Maria Sunyer. A maioría eran profesionais independentes, algúns sindicalistas e membros de movementos confesionais próximos a UDC. Na reunión Jordi Pujol definiu fer país como a formar unha determinada moral, transformar as mentalidades e construir a colectividade catalana, reformar a lingua, expandir a cultura catalana, reformar as tradicións e crear unha nova mentalidade económica. A reunión remata co apoio á defensa da democracia e da liberdade, así como á participación social, ó autogoberno e á proxección europea de Cataluña.
[editar] Legalización
En xaneiro de 1975 Jordi Pujol vai dar unha conferencia en ESADE, onde vai convidar ós seus partidarios a facer política. Así, para xuño adhírense á Asemblea de Cataluña e en novembro celebran a II Asemblea, onde decídese pactar con Convergència Socialista de Catalunya para facer unha pinza á hora de negociar co goberno central. En decembro de 1975 ingresan no Consell de Forces Polítiques de Catalunya.
O 16 de xaneiro de 1976 vaise constituir como partido político, da unión do Grup d'Acció al Servei de Catalunya de Jordi Pujol i Soley, do Grup d'Independents de Miquel Roca i Junyent e do grupo Acció Obrera. Para marzo van celebrar a III Assemblea, onde vaise aprovar un programa socialdemócrata de centro esquerda e nacionalista. Jordi Pujol foi escollido secretario xeral e Miquel Roca secretario xeral adxunto. O ideario do partido abandona o federalismo para centrarse no feito nacional e no dereito de autodeterminación, coa pretensión de converterse no referente do nacionalismo catalán.
En xaneiro de 1977 celebrase o IV Congrés, no que decídese presentarse ás primeiras eleccións democráticas xerais españolas, o 15 de xuño de 1977 forma parte da coalición Pacte Democràtic per Catalunya, xuntamente con Esquerra Democràtica de Catalunya (EDC) de Ramon Trias Fargas e o PSC-Reagrupament de Josep Verde i Aldea, recibindo tamén o apoio do Front Nacional de Catalunya e de Estat Català. A coalición vai obter 522.060 votos, 11 deputados e 5 senadores. Jordi Pujol e Pere Pi-Suñer incorpóranse ó Consello Executivo da Generalitat Provisional de Josep Tarradellas, que voltara do exilio para reactivar as institucións.
[editar] Coalición con UDC
En abril de 1978 celebrouse o V Congreso, no que apróbase un ideario nacionalista de contido socialdemócrata para tratar de constituírse en alternativa de centro esquerda. Así, en maio vai absorber a Esquerra Democràtica de Catalunya (EDC), o que supón o ingreso no partido de Ramon Trias Fargas Macià Alavedra e Joan Guitart. Do mesmo xeito, o PSC-Reagrupament preferiu unirse co PSC-Congrés para formar o Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC-PSOE).
O 19 de setembro de 1978 vaise coaligar con Unió Democràtica de Catalunya formando "Convergència i Unió", alianza que o 2 de decembro de 2001 vaise transformar en federación. CiU vai gañar as primeiras eleccións autonómicas de Cataluña en 1980 e vai gobernar de xeito continuado até o 2003.Miquel Roca i Junyent vai participar na elaboración da Constitución Española de 1978, que consideraba como un marco non rematado, dinámico, ambiguo e susceptible de diversas interpretacións. Nas eleccións xerais españolas de 1979 a coalición CiU vai obter 484.154 votos, o que traduciuse en 8 deputados e un senador, que nas eleccións xerais españolas de 1982 aumentaron a 772.673 votos (12 deputados e 5 senadores).
No VII Congreso celebrado en 1985 vai ser aprobada unha nova estratexia. Miquel Roca vai fundar a nivel español o Partido Reformista Democrático (PRD) de carácter centrista, para participar na política global española (nomeada operación Roca). Nas eleccións xerais españolas de 1986 CiU vai obter 1.012.054 votos, 18 deputados e 8 senadores, pero o PRD tan só 194.538 e ningún escano. Malia todo, no VIII Congreso de CDC Jordi Pujol foi escollido presidente e Miquel Roca continua como secretario xeral até o IX Congreso de 1992.
Co retiro de Pujol, Artur Mas foi proclamado candidato de CiU (2002). A candidatura da federación foi a que obtivo o maior número de deputados nas eleccións ó Parlamento de Cataluña 2003 e 2006, pasando á oposición pola formación do pacte tripartito entre PSC, ERC e ICV.
No 2006 absorbeu ó Bloc Català, pasando a ser Cataluña Norte o primeiro territorio fora da Comunidade Autónoma de Cataluña onde organízase. A súa organización xuvenil é a Joventut Nacionalista de Catalunya.