Jens Immanuel Baggesen
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jens Immanuel Baggesen (Korsør, 1764 — Hamburgo, 1826) foi un poeta danés.
Naceu no seo dunha familia pobre e aos doce anos comezou a traballar copiando documentos, en 1782 entrou na Universidade de Copenhagen, comezou escribindo composicións cómicas. Viaxou por Alemaña, Francia e Suíza. Escribiu en alemán o poema Alpenlied. En 1790 regresa a Dinamarca e publica Labyrinthen, xa en danés. Nos vinte anos seguintes continuou a publicar obras en danés e alemán ao tempo que viaxaba por todo o norte de Europa ata asentarse en París. Entre 1806 e 1820 resiu de novo en Copenhagen.