See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Jacques Lacan - Wikipedia

Jacques Lacan

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Alto!!! Este artigo está sendo editado.
Este artigo está actualmente sendo editado.
Por favor, non faga ningunha edición neste artigo mentres esta mensaxe siga aparecendo para evitar así conflitos de edición.
Se precisa saber quen está traballando no artigo, por favor revise o historial de edicións
(O tempo máximo de presenza deste marcador no artigo é dun mes; pasado ese tempo debe retirarse).
Faltan ligazóns internas neste artigo.
Faltan ligazóns internas neste artigo. Por favor, wikifíqueo.


Jacques-Marie Émile Lacan (París, 13 de abril de 1901 - 9 de setembro de 1981) foi un psicanalista francés. Baseado nas ideas de Freud foi un dos máis influíntes psicanalistas do século. Baixo a consigna dun retorno a Freud, revisou os conceptos psicanalíticos a través do estruturalismo e a lingüística. Así mesmo, foron moi importantes para as súas conceptualizacions teóricas as lecturas de Husserl, Nietzsche, Hegel e Heidegger.

Índice

[editar] Biografía

Jacques Lacan proviña da burguesía media católica e ben pensante. Despois de estudar no colexio Stanislas, Lacan rompeu co catolicismo. Aos 16 anos admiraba a Ética de Spinoza. Un ano máis tarde fíxose nietzscheano, e despois, durante algún tempo, fascinouno Charles Maurras, de quen adoptou o esteticismo e o gusto pola lingua. Finalmente interesouse pola vangarda literaria. O seu pai desexaba que o sucedera nos negocios e lle dera un impulso decisivo ao comercio de mostaza; non comprendía nin aprobaba a súa evolución.

No París da década de 1920, orientouse cara a psiquiatría. Lacan sufría porque non o recoñecera a Société psychanalytique de París (SPP), onde non se tomaban en conta os seus traballos.

En 1934 casou con Marie-Louise Blondin. Na viaxe de bodas por Italia, Lacan descubreu a cidade de Roma, da que se namorou. Pasaba horas contemplando os éxtases de Bernini e a arquitectura das igrexas e os monumentos. Desde o principio, ese matrimonio fora un malentendido. A parella tivo tres fillos: Caroline, Thibaut e Sibylle.

En 1936 Lacan iniciouse na filosofía hegeliana e cruzouse por primeira vez coa historia do freudismo internacional, ao participar no Congreso da Internacional Psychoanalytical Asociaition (IPA).

En 1937 namorouse de Sylvia Maklés-Bataille. Era nai dunha pequena, Laurence Bataille, que sería unha notábel psicanalista. Cando estalou a guerra, Sylvia refuxiouse na zona libre. Cada quince días Lacan a visitaba. En París, interrumpeu toda actividade pública, recibindo só á súa clientela privada. Durante os dous primeiros anos da guerra preocupouse sobre todo pola súa vida privada. En setembro de 1940 a súa situación era insostible. Anuncioulle á súa muller lexítima, encinta de oito meses, que Sylvia tamén esperaba un fillo. De inmediato lle pediu o divorcio, e deu a luz en plena crise de depresión. Oito meses máis tarde, Sylvia deu a luz ao cuarto vástago de Lacan, Judith, inscrita no rexistro civil co apelido Bataille. Non podía levar o do seu pai ata 1964. Esta imposibilidade de transmitir o apelido sería unha das determinacións inconscientes da elaboración do concepto lacaniano do nome-do-pai.

A principios de 1941 Lacan instalouse no 5 da rue de Lille: seguiu vivindo nesa casa ata a súa morte. En decembro, divorciouse de Marie-Louise Blondin; en 1943 Sylvia instalouse no 3 da rue de Lilli, coas súas dúas fillas Laurence e Judith. En xullo de 1953 casou con Lacan.

Lacan enfrontouse a unha das grandes correntes do freudismo, a Ego Psychology, da cal a súa ex analista se convertera nun dos representantes, e que para el era unha versión edulcorada e adaptiva da mensaxe freudiana. Acostumaba chamala “psicoanálise norteamericano”, e opúxose a peste, é decir, unha visión subversiva da teoría freudiana, centrada na primacía do inconsciente.

Na SPP, Lacan atraeu a numerosos alumnos fascinados pola súa ensinanza e desexosos de romper co freudismo académico da primeira xeración francesa. Comezou entón a ser recoñecido como didacta e tamén como clínico. O seu sentido agudo da lóxica da tolemia, o seu enfoque orixinal do ámbito da psicose e o seu talento asegurábanlle un lugar de privilexio aos ollos da xoven xeración psiquiátrica-psicoanalítica.

En 1951 Lacan comprou unha casa de campo, a uns cen kilómetros de París. Alí refuxiábase os domingos para traballar, pero tamén recibía a pacientes e organizaba reunións. Encantáballe interpretar comedias ante os seus amigos, disfrazarse, bailar e ás veces poñerse roupa extravagante. Nesa casa coleccionou unha cantidade considerable de libros que terminaron por constituir unha biblioteca inmensa.

Despois da Segunda Guerra Mundial a Francia freudiana entrou na era dos conflictos, crises e controversias. Lacan consideraba ós estudos de filosofía, letras ou psiquiatría como as tres mellares vías de acceso ás formacións dos analistas. Gracias ó seu amigo Jean Delay obtivo un anfiteatro do Hospital Sainte-Anne. Durante dez anos, dúas veces por mes, deu alí o seu seminario, comentando de maneira sistemática todos os grandes textos da obra freudiana e xerando de tal modo unha nova corrente de pensamento: o lacanismo.

En 1964 se disolveu a SFP e Lacan fundou a Ëcole freudienne de París (EFP), mentres que a maioría dos seus mellores alumnos se volvían a encontrar xunto a Lagache na Association psychanalytique de France (APF). Obrigado a mudar de seminario, Lacan, grazas á intervención de Louis Althusser, foi acollido nunca sala da Escola Normal Superior (ENS), onde puido continuar a súa ensinanza.

Na ENS, Lacan conquistou un novo auditorio, o dunha parte da xuventude filosófica francesa. En 1965, Lacan fundou a colección “Champ freudienn Éditions du Seuil”e ó ano seguinte, publicou os seus Ëcrits. Recibeu por fin a consagración esperada e merecida: en quince días vendéronse cinco mil ejemplares. En adiante, Lacan foi recoñecido, celebrado, odiado ou admirado como un pensador de envergadura, e non só como un mestre da psicanálise. A súa obra foi lida e comentada por numerosos filósofos.

A EFP entrou nunha crise institucional que desembocou na súa disolución o 5 de xaneiro de 1970, e despois levou á dispersión do movemento lacaniano nunha vintena de asociacións.

En 1974 Lacan asumeu a dirección, na Universidade París-VIII, no departamento de psicanálise, dunha cátedra do “Champ freudien”. Alentou entón a transformación progresiva da súa doutrina nun sistema pechado, mentres se empeñaba en facer da psicoanálise unha ciencia exacta baseada na lóxica do material e a topoloxía dos nudos borromeos.

Afectado dos trastornos cerebrais e unha afasia parcial, Lacan morre o 9 de setembro de 1981 na clínica Hartmann de Neuilly, despois da ablación dun tumor maligno de colon.

[editar] Pensamento

Reintroduciu na psicanálise o pensamento filosófico alemán do que Sigmmund Freud se tiña distanciado voluntariamente. Esta poderosa contribución fixo de Lacan o único verdadeiro mestre da psicanálise en Francia. Un dos obxectivos fundamentais da súa obra foi estimular a produción dun saber onde tivesen cabida outras disciplinas, abrir o círculo cerrado no que o psicoanálisis caera, de esa forma reanuda o debate que Freud sempre estimulou cos intelectuais do seu tempo, debate que non só interesa ós psicoanalistas senón tamén a todos aqueles que se preguntan sobre a nosa condición humana.

Lacan dunha forma moi singular continua o inaugurado por Freud e nese sentido é onde reviste particular importancia a súa interpretación do inconscente a través do significante, ese significante máis acá do significado, o "significante puro" facendo aparecer a estrutura onde o home é atrapado polo seu desexo.

Todo o pensamento de Lacan nos conduce nesa dirección, relacionado co máis allá do Edípo e coa proba do Real na cura. Particularmente constante foi a relación de Lacan coa filosofía desde Platón a Descartes e de Hegel a Heidegger, tiveron gran influencia Alexandre Koyré, Henry Corbin, Alexandre Kojève e Georges Bataille cos que se orientou na lectura de Husserl - de quen Koyré foi alumno- , Nietzche, Hegel, y Heidegger, entre outros.

Kojève foi quen particularmente influenciou grandemente a Lacan, el relata durante o seu seminario de 1960-61 que consagrou ó Banquete de Platón, que foi velo para que Kojève -que nese momento estaba completando a súa historia da filosofía pagana en tres volúmenes,l le contase dos seus descubrimientos en relación a Platón. Kojiève sinálalle que toda a arte de Platón consistía no seu modo de ocultar o que pensaba así como no seu modo de revelalo, de esa forma el amosaba ó seu interlocutor, o seu propio procedemento filosófico :un texto non é máis que a historia da súa interpretación.

Tamén Lacan di en relación a Kojève que foi el quen o introduxo no pensamento de Hegel. En relación a Heidegger, Lacan entrará en contacto por primeira vez coa súa obra despois de 1933, cando comeza a asistir ó seminario de Kojève sobre La Fenomenología del espíritu de Hegel compartindo con Alexandre Koyré e Henry Corbin o grupo da École Pratique des Hautes Études e da Revista Recherches filosophiques. É importante destacar que en 1935 líase a Heidegger nol grupo que Lacan frecuentaba e que evidentemente se coñecía o seu compromiso co nazismo deste filósofo, por máis que ese compromiso quedará moito máis evidente en 1945.

Con Heidegger trátase de colocar no núcleo da filosofía, a condición de desgarramento, de fisura, de carencia e do seu ser para a morte. Koyre será o encargado de explicar da meyor forma posible a toda unha xeración francesa que seguramente se recoñeceu nesta filosofía, cando é publicada por primeira vez Qu´est-ce que la métaphysique (¿Qué é a metafísica?).

Queda entón evidente a importancia de Kojéve sobre Lacan, non soamente en relación a Heidegguer senón en relación a Hegel. É Kant con Sade un dos textos máis interesantes de Lacan desde o punto de vista non só filosófico senón que tamén aparecen aportes teóricos esenciais por parte deste. Como por exemplo a aparición do campo do desexo, da verdade e da ley, esta ley que nos enfronta coa la morte. Ve na concepción sadiana un combate da ley contra o benestar e a preservación de si mesmo. E Kant recusa en oposición ós moralistas clásicos, unha moral que como principio busque la felicidade.


Kant foi en síntese -si podemos afirmar iso- o filósofo máis cercano ó discurso que corresponde á afirmación da posibilidade solo parcial da verdade, e desa forma ó discurso analítico. Os filósofos contemporáneos que se ocupan das ideas de Lacan poden preguntarse se é posible incluir a teoría do desexo nun discurso filosófico desexo efecto da imposibilidade de responder á demanda. É por este camino que Lacan planteará ó obxeto a como causa do desexo, sendo o obxeto ó Real reducido a un estado eficaz e manipulable, un valor lóxico coa consistencia dunha letra ou tamén podemos decir unha palabra que nomea e que xorde da imposibilidade do psicoanálisis de responder á pregunta sobre o goce sendo este goce do que falamos no referido ó afecto ou a unha emoción vivida, como o pracer ou o displacer este goce permanece inconsciente.

[editar] Obras

Jacques Lacan escribiu aproximadamente uns cincocentos artigos, procedentes en xeral de conferencias. Lacan escribiu un só libro, a súa tese de mediciña de 1932, publicada co título De la psychose paranoïaque dans ses rapports avec la personnalité, na cal relata o caso de Marguerite Anzieu.

Os seus outros artigos, así como as súas numerosas intervencións en coloquios ou na Ëcole freudienne de París (EFP), están dispersos en diversas revistas.

Hai dous diccionarios de conceptos lacanianos: un en inglés e outro en castelán. Algúns dos máis fermosos comentarios da obra de Lacan foron escritos por filósofos: Louis Althusser, Jacques Derrida, Christian Jambet, Jean-Claude Milner e Bemard Sichére.

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -