Iuri Gagarin
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Iuri Alexeievitch Gagarin (en ruso Юрий Алексеевич Гагарин) (n. Gjast, oblast de Smolensk, 9 de marzo de 1934 – m. cerca de Novosiolovo, oblast de Vladimir, 27 de marzo de 1968), heroe da Unión Soviética, foi un cosmonauta que, o 12 de abril 1961, marcou a historia da humanidade e da exploración espacial ao converterse no primeiro ser humano que viaxou ao espazo, realizando un voo orbital completo arredor da Terra, a bordo da nave Vostok 1.
[editar] Cronoloxía profesional
- 1951 : Escola de aprendizaxe de Liubertsi.
- 1955 : Instituto técnico-industrial de Saratov.
- 1955 : Aeroclub de Saratov.
- 1955 : Incorporación ao exército.
- 1957 : Escola K. E. Vorochilov de pilotos militares de Orenburg. A titularse como cosmonauta, serve como piloto de cazas da Flota do Norte (Luostari, rexión de Petchenga, no oblast de Murmansk.
- 1960 : Afiliación ao Partido Comunista da URSS.
- 11 de marzo de 1960 : Recibe a súa titulación.
- 12 de abril de 1961 : 1º vóo espacial humano.
- 23 de maio de 1961 : Comandante do destacamento de cosmonautas.
- 20 de decembro de 1963 : Comandante adxunto do Centro de adestramento de cosmonautas.
- 23 de abril de 1967 : « Dobra » a Komarov para a misión Soyuz (Komarov perdeu a vida durante a aterraxe da súa cápsula).
- 1968 : Diploma da Academia Jukovski de aeronáutica de Moscova.
- 27 de marzo de 1968 : Falecemento nun accidente aéreo.