Irmo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Irmo é un personaxe ficticio do legendarium de J. R. R. Tolkien, que aparece na súa obra O Silmarillion. É un dos Valar, os seres anxelicais que custodian e gobernan Arda (o mundo no universo de Tolkien).
Irmo é o seu verdadeiro nome, mais normalmente coñéceselle como Lórien, en referencia aos Xardíns de Lórien nos que habita en Valinor; tamén recibe o apelativo de Mestre dos Soños. Irmo quere dicir Desexador ou Mestre do Desexo. É o esposo de Estë e irmán de Námo (Mandos) e máis Nienna.
Irmo e Mandos son os Fëanturi, os mestres dos espíritos. Irmo, o máis novo, é o mestre das visións e os soños. Os seus xardíns na terra dos Valar, nos que vive xunto a Estë a xentil, sandadora de feridas e cansazo, son o lugar máis fermoso de Arda, e neles habitan moitos espíritos. Todos aqueles que moran en Valinor achan repouso e refrixerio na fonte de Irmo e Estë.
Cando o Sol e a Lúa foron fixados nos seus percorridos, "Varda quixo que as dúas naves viaxasen por Ilmen [1] e permanecesen sempre no alto". Irmo e Estë foron en gran medida responsábeis de que mudase o seu parecer, pois "dixeron que o sono e o descanso foran expelidos da Terra"[2], co cal Varda consentiu en que existise a noite.
Após o nacemento de Fëanor, súa nai Míriel, esposa de Finwë, enfebleceu, e Manwë entregouna aos coidados de Irmo.
[editar] Notas e referencias
- ↑ Ilmen é o equivalente do Sistema Solar de Tolkien: J.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.) The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 0048231398, Index, páx. 381
- ↑ J.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.) The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 0048231398, "Quenta Silmarillion", páx. 115
Os Ainur do legendarium de J. R. R. Tolkien | |
---|---|
Ainulindalë (Música dos Ainur) | |
Señores dos Valar: | Manwë | Ulmo | Aulë | Oromë | Námo (Mandos) | Irmo (Lórien) | Tulkas |
Raíñas dos Valar (as Valier): | Varda | Yavanna | Nienna | Estë | Vairë | Vána | Nessa |
O Inimigo: | Melkor (Morgoth) |
Maiar: | Eönwë | Ilmarë | Ossë | Uinen | Salmar | Sauron | Melian | Arien | Tilion | Gothmog Curumo (Saruman) | Olórin (Gandalf) | Aiwendil (Radagast) | Alatar e Pallando | A Ruína de Durin |