Inzar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Inzar é un colectivo procedente da unificación Movemento Comunista de Galicia e da Liga Comunista Revolucionaria de Galicia que se constituíu en partido político en 1991 ligado a Izquierda Alternativa. En 1993 integrouse no BNG, sempre tivo pouco peso cuantitativo no seu interior, tiña 234 militantes (2002) e acabou por converterse nun colectivo no seo do BNG. Xesús Veiga Buxán, que foi deputado no Parlamento de Galicia, é o seu dirixente máis coñecido.