Huecco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Huecco é un cantante español, ex membro de Sugarless. Durante esa etapa era coñecido coma Ivanh.
Índice |
[editar] Biografía
Tralo abandono do grupo que o deu a coñecer, no 2006 edita un disco que leva por título o seu nome. O seu segundo disco salíu titulado Assalto salíu a venda a finais de abril do 2008.
Huecco é un cantante que fusiona e mestura gran cantidade de xeneros e estilos musicais. Nas súas cancións aprécianse toques e influencias que van dende o rock ata a rumba, pasando polo pop, mambo, reggaeton, ska ou hiphop. Tamén é coñecido por crear o rumbatón.
Participou no Viña Rock 2007.
[editar] Etapa en Sugarless
Nesta banda, Huecco gravou ata tres discos; Asegúramelo, Más gas e Vertigo (deste último chegáronse a vender 20.000 copias en España). Ca banda realizou unha chea de concertos por toda a xeografía española, así coma en Latinoamérica. Compartiu escenario con bandas da talla de Slipknot.
[editar] Discografía
Con Huecco, o seu primeiro disco, coñeceuse a voz de Sugarless en solitario. Este álbume viu a luz , principalmente, en países de fala hispana aínda que tamén se vendeu en EE.UU., o Brasil ou Portugal. É o resumo das influencias que foi recopilando nas súas viaxes durante anos para combinalas cás súas raíces españolas.
Para o seu segundo disco, gravado en Os Ánxeles baixo a tutela de Thomas Russo, o artista inspirouse en xeneros tan diferentes coma o flamenco ou a chason francesa.
[editar] Discos
+ Huecco (2006) - Disco de platino en España (+80.000 copias)
- Assalto (2008)
[editar] Singles
- Huecco
-
- Pa' mi guerrera
- Tacones baratos
- Idiota
- Reina de los angelotes
[editar] Ligazóns
- [1] Web oficial de Huecco