Hoc hic misterium fidei firmiter profitemur
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hoc hic misterium fidei firmiter profitemur é o lema latino que aparece no escudo da cidade de Lugo e tardiamente no escudo do Reino de Galicia. A súa traducción literal é: "Aquí con fé firme confesamos este misterio", e alude ao feito de estar o Santo Sacramento exposto ininterrumpidamente no altar da catedral lucense, feito excepcional ademáis de priviliexiado que posúe xa dende a Idade Media ata a actualidade e que lle valeu a Lugo o sobrenome de "A Cidade do Sacramento". O mesmo lema sería trasladado con posterioridade ao escudo do Reino de Galicia, onde o atopamos en representacións gráficas apartires do século XVIII.