See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Historia da Romanía - Wikipedia

Historia da Romanía

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Índice

[editar] Dacia

Artigo principal: Dacia

O territorio da atual Romanía estivo habitado cando menos o 513 a.C. polos getae-dacios, unha tribo tracia. Sobre a lideranza de Burebista (70-44 a.C.), os dacios tornáronse nun estado poderoso que ameazaba mesmo os intereses rexionais dos romanos. Xulio César pretendía iniciar unha campaña contra os dacios, mais foi asasinado en 44 a.C. Algúns meses depois, Burebista compartillaba do mesmo destino, asasinado polos seus propios nobres. O seu poderoso estado dividiuse en catro e non se unificou de novo ata o ano 95, no reinado de Decebalus. O estado dacio mantivo unha serie de conflitos co Imperio Romano en expansión, e foi finalmente conquistado en 106 d.C. polo emperador romano Traxano, durante o reinado do rei dacio Decebalus. Diante de sucesivas invasións dos godos e cárpitas, a administración romana retirouse dous séculos máis tarde.

[editar] Romanía na Idade Media

Múltiples ondas de invasións sucedéronse, como a dos eslavos no século VI, dos búlgaros e maxiares no século IX e dos tártaros no século XIII.

Creáronse moitos pequenos estados locais, mais apenas no século XIII os principados maiores de Moldavia e de Valaquia surxiron para enfrontar o perigo dunha nova ameaza, a dos turcos otomanos, que conquistaran Constantinopla en 1453. En 1541, toda a Península Balcánica e a maior parte de Hungría tornáranse provincias otomanas. Moldavia, Valaquia e Transilvania permaneceron autónomas, sobre soberanía otomana.

No século XII, a Transilvania tornouse unha parte largamente autónoma do Reino da Hungría. Os reis da Hungría convidaron ós pechenegas e cumanos da Valaquia para establecerse na Transilvania, así como os szecklers, a Orde Teutónica e os saxóns e schwabs.

No ano 1600, os principados da Valaquia, Moldavia e Transilvania foron unificados polo ban (príncipe) valaquio Mihai Viteazul, mais a unidade disolveuse despois de Mihai morrer, apenas un ano máis tarde, polos soldados dun xeneral do exército austríaco chamado Giorgio Basta.

En 1699, a Transilvania tornouse unha posesión do Imperio Austríaco após da derrota dos turcos. Os austríacos, pola súa vez, expandiran rapidamente o seu imperio: en 1718, unha importante parte da Valaquia, chamada Oltenia, foi incorporada ao Imperio Austríaco e foi devolta apenas en 1739.

En 1775, o Imperio Austríaco ocupou a parte noroeste da Moldavia, posteriormente chamada de Bucovina, en canto que a parte oriental do principado (chamada Besarabia) foi ocupada en 1812 pola Rusia.

[editar] O despertar nacional da Romanía

Como na maioría dos países europeos, 1848 trouxo revolución a Moldavia, Valaquia e Transilvania, anunciada por Tudor Vladimirescu e a súa tentativa con pandurs en 1821. As metas dos revolucionarios - independencia completa para os dous primeiros e emancipación nacional para o terceiro - permaneceron non realizadas, mais foron a base de evolucións subseguintes. Alén diso, o levante axudou a poboación dos tres principados a recoñecer a súa unidade lingüística e de intereses.

Pesadamente gravado e mal administrado polo Imperio Otomano, en 1859, o pobo tanto da Moldavia como da Valaquia elixíu o mesmo "domnitor" (gobernante) - Alexandry Ioan Cuza - como príncipe.


[editar] Gobernantes romaneses

  • Lista de gobernantes valaquios (ata 1859)
  • Lista de gobernantes moldavos (ata 1859)
  • Lista de gobernantes transilvanianos (ata 1918)
  • Reis de Romanía (1881 - 1947)
  • Presidentes de Romanía (desde 1947)
  • Primeiro-ministros de Romanía (desde 1862)

[editar] Vexa tamén

Historia das fronteiras da Romanía

[editar] Ligazóns externas

Historia ilustrada dos romaneses


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -