Hanoi - Hà Nội
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mapa | |
---|---|
Información | |
País | Vietnam |
Poboación | 3.145.300 (2005) |
Densidade | 3.348 (2005) |
www.hanoi.gov.vn Páxina Oficial |
Hanoi (en Vietnamita: Hà Nội, Hán Tự) é a capital de Vietnam, cunha poboación estimada en 3.145.300 habs. (2005). Desde 1010 até 1802, foi o centro político dun idependente Vietnam, salvo breves períodos. Foi substituída por Huế durante a Dinastía Nguyen como capital do Vietnam, mais voltou a selo durante o período colonial como capital da Indochina francesa entre 1887 e 1954. Entre 1954 e 1976, logo da vitoria do Viet Minh sobre Francia na batalla de Dien Bien Phu, foi a capital do Vietnam do Norte.
A cidade está situada na orela dereita do río Vermello. Hanoi ubícase a 21°2' de latitude norte, e a 105°51' de lonxitude leste, dista 1.760 km (1.094 millas) de Ho Chi Minh City, a antiga Saigon, no extremo sur do país.
Índice |
[editar] Xeografía
[editar] Clima
Hanoi posúe o típico clima do Vietnam septentrional, no que os veráns son quentes e húmidos, mentres os invernos son relativamente frescos e secos. Nos meses estivais, entre maio esetembro, recíbense a maioría das precipitacións do ano (1.682 mm/m2 anuais). Os meses comprendidos entre novembro e marzo son secos relativamente, mais na primevera caen chuvas lixeiras. As temperaturas mínimas invernais en Hanoi poden caír até 6ºC ou 7ºC, aínda que o vento pode ser xeado; por contra no verán atínxense medias entre 38º e 40ºC.
[editar] Lugares interesantes
Como capital de Vietnam durante case un milenio, Hanoi considérase o centro cultural do país, pois cada dinastía deixou aquí a súa pegada, aínda que algúns dos monumentos non puidron sobrevivir as guerras e o paso do tempo; mais a cidade conserva moitos monumentos interesantes, para residentes e vistantes, tanto histórica como culturalmente.
Hanoi alberga máis sitios culturais que calquer outra cidade vietnamita; só no que se refire a lugares relixiosos posúe sobre 600 pagodas e templos.
Baixo o dominio francés, como centro administrativo para toda Indochina, a arquitectura de estilo colonial tornouse dominante, ficando aínda hoxe exemplos numerosos: bulevares de triple calzada (p.ex. a rúa Phan Dinh Phung), o magno edifició da Ópera, o Banco estatal Vietnam (primitivamente Banco de Indochina), o Pazo presidential (antigo Pazo do Gobernador Xeneral da Indochina francesa), a catedral de S. Xosé, a Universidade de Hanoi (antiga Universidade de Indochina) ou hoteis xa históricos como o Sofitel Métropole...
Outros lugares emblemáticos son: o Templo da Literatura (Văn Miếu), sede da máis antiga universidade de Vietnam; a Pagoda do "único piar" (Chùa Một Cột); a Torre da Bandeira de Hanoi (Cột cờ Hà Nội); o Barrio Vello e o lago Hoàn Kiếm lake.
Hanoi é tamén sede de numerosos museos, como o Museo Nacional de Historia do Vietnam, o Museo Nacional de Etnoloxía, o Museo Nacional de Belas Artes e o Museo da Revolución.
O Barrio Vello, perto do lago Hoan Kiem, posúe as rúas orixinarias e as edificacións máis antigas de Nanoi. A comezos do século XX a cidade só comprendía unhas 36 rúas, a maioría das cales pertencen hoxe ao Barrio Vello. Esas rúas albergaban tendas e armacéns especializadas nun determinado xénero como seda, xoiaría, tecidos, etc. Os nomes desas rúas reflicten aínda a especialidade orixinaria, aínda que na actualidade só algunhas conservan restos daquelas actividades. Toda a área é coñecida polos seus artesáns e mercadores; ubícanse aquí tamén casas de comidas locais, así como bares e clubes. Un mercado nocturno, sito perto do mercado de Đồng Xuân, abre nos anoiteceres dos venres, sábados e domingos, mostrando unha rica variedade de tecidos, alimentos e recordos.
Na parte occidental o lago (Hồ Tây) é un lugar popular para o lecer das xentes de Hanoi. É o maior dos lagos da cidade. Pódense alugar barcas de recreo e comer nun restaurante frotante. Na zona existen tamén numerosos templos.
[editar] Transportes
O medio máis popular de transporte dentro da cidade son as motocicletas e as bicis, pola súa versatilidade. O parque de automóbiles está a medrar, pero o tráfico é pouco fluído a determinadas horas e nas intersección de rúas. As liñas de autobuses serven as rúas principais. Pódense adquirir tiras de billetes no mesmo bus. Para traslados curtos soen empregarse motocicletas-taxis, ditas "xe ôm" ("gran vehículo"). Para desprazamentos longos, e se non desexa viaxar á aire libre, o máis coveniente son os taxis.
Hanoi conta cun aeroporto internacional sito a uns 45 km da cidade, e que serve a todo o Norte do Vietnam. As instalacións foron modificadas en anos pasados e están ben dotadas. Hai trens que unen con regularidade Hanoi e Saigón.