Guindastre
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un guindastre é un parello de elevación de cargas. A ampla gama de modelos de guindastres teñen poucas cousas en común: a pluma e elevación mediante polipastos accionados por cables.
Denomínase tamén coa forma grúa, importada do castelán. Tanto o Dicionario da Real Academia Galega como o VOLGa admiten esta acepción pero marcándoa como non estándar e recomendando como normativa só a forma guindastre.