See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Gregorio VIII, antipapa - Wikipedia

Gregorio VIII, antipapa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Papas do século XII
Antipapas

Gregorio VIII, (Limousin, ? - Salerno, agosto de 1137) foi antipapa durante un breve período de tempo na primeira metade do século XII, do 10 de marzo de 1118 ao 22 de abril de 1121.

O seu nome verdadeiro era Maurice Bourdin e era natural de Aquitania. Educado en Cluny, Limoges e finalmente en Castela, facéndose diácono da Sede de Toledo.

Debido á súa conexión coa Orde de Cluny, fíxose un legado papal perfecto para a Península Ibérica, que recentemente adoptara o rito romano como versión oficial do catolicismo, en vez do vello rito mozárabe, que foi considerado como herético. Así, fíxose bispo de Coimbra en 1099, aínda que a súa actividade non o deixara permanecer moito tempo na súa diócese, vello foco da cultura mozárabe.

Foi en peregrinación a Terra Santa durante catro anos, e foi nomeado arcebispo de Braga no seu regreso (1109). Nesa situación, próximo ao conde Enrique de Borgoña, foi un dos principais axentes da reorganización eclesiástica do Condado Portucalense.

En 1114, Maurice envolveuse nunha disputa co arcebispo primado de Toledo, Bernardo (que era ao mesmo tempo legado papal igual que el), clamando ambos pola primacía entre as dióceses de Hispania, polo que foi chamado á Santa Sede onde foi repreendido polo Papa Pascual II.

Pero, a súa posición tivo algúns partidarios entre a Curia Romana, e en 1116, cando o emperador Enrique V do Sacro Imperio Romano Xermánico invadíu Italia para opoñerse ao Papa na Querella das Investiduras, o Papa enviou a Maurice á fronte dunha delegación dirixida ao emperador, mentras Pascual e a Curia desprazábanse para Benevento, no Sur de Italia.

Maurice acabaría por traicionar a súa posición e abrazar a causa do emperador. Enrique entrou en Roma un domingo de Pascua (23 de marzo de 1117) facéndose coroar solemnemente por Maurice. Con isto, o Papa Pascual II excomulgou a Enrique e quitou a Maurice dos cargos que ocupaba, incluíndo o de arcebispo de Braga.

Pascual II morreu o 24 de xaneiro de 1118, sendo sucedido despois da reunión do cónclave, polo Papa Xelasio II, en marzo dese mesmo ano. Enrique, sabendo que o novo papa estaba tamén contra a súa política, dirixíuse a Roma, pero Xelasio, avisado, fuxíu cara Gaeta e rexeitou atoparse co emperador para discutir calquera asunto relacionado coa reforma gregoriana.

Como reacción, os cardenais afectos ao emperador (os xibelinos) declararon nula a eleción de Xelasio, e proclamaron ao contrario Maurice como Papa, co nome de Gregorio VIII (10 de marzo). Celasio, en Capua, excomulgou tanto a Enrique como ao antipapa Gregorio o 7 de abril.

Despois da morte de Xelasio, Calisto III foi elexido Papa o 8 de maio de 1118, o novo Papa tentou facer un acordo co emperador, o chamado Concordato de Worms ou Pacto Calixtino (1122).

Calixto regresou a Roma e Gregorio fuxíu, refuxiándose en Sutri; aí fórono buscar as tropas papais, tendo cercada a cidade durante oito días, ata que os seus cidadáns entregaron ao Antipapa (abril de 1121). Este foi despois levado a Roma e feito prisioneiro e encadeado en sucesivos mosteiros. Nesa situación morrería nun mosteiro en Salerno, en agosto de 1137.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -