See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Gregorio I, papa - Wikipedia

Gregorio I, papa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Papas do século VI
Antipapas

O Papa Gregorio I, de sobrenome Magno ou Grande, está considerado como o fundador do Papado Medieval.

Dunha familia patricia romana, chegou a ser prefecto da cidade, pero renunciou á súa carreira política e aos seus bens para facerse monxe. A súa sona fíxoo secretario de Pelaxio II, e máis tarde foi elixido Papa contra a súa vontade. Nese momento, Roma estaba abandonada a súa sorte a mercede das invasións bárbaras e marxinada polo exarcado de Ravenna, dependente de Constantinopla.

Índice

[editar] Político

Consonte o modelo de Agostiño de Hipona na súa obra Civitate Dei, buscou construír unha república cristiá onde o poder temporal estivese sometido ao espiritual buscando a xustiza e o ben común dos cidadáns. Tivo que convencer aos longobardos para que respectasen a cidade chegando a un acordo de reparto territorial con eles, nun momento en que os romanos non tiñan outra autoridade á que acudir.

[editar] Pastor

Monxe admirador de Bieito de Nursia, fundou varios mosteiros consonte á regra deste santo, e divulgou na cristiandade o espírito benedictino de oración, estudo, traballo manual e hospitalidade.

Emprendeu unha extratexia misioneira frutífera, enviando evanxelizadores a lugares afastados como Inglaterra, dando instrucións pioneiras de respecto pola cultura indíxena dos pobos evanxelizados: non derrubar os templos paganos, adaptar os costumes aceptables, transformar as festas paganas en celebracións con significación cristián. O monxe Agostiño de Canterbury bautizou ao rei de Kent Etelberto, casado con Berta unha princesa cristiá merovinxia. Seguidamente fundou un bispado en Canterbury. Pouco despois novos misioneiros establecerían unha autoridade metropolitana en York e en Londres.

[editar] Administrador

De cualidades organizadoras notables, soubo ao redor de Roma estruturar o chamado Patrimonio de Pedro, buscando a protección dos caudillos bárbaros e poñéndoo ao servizo dos marxinados e desamparados. Como sucesor de Pedro autodenominábase Servo dos Servos de Deus. Nembargantes, reivindicou a primacía fronte a Constantinopla e o seu labor administrativo puxo os alicerces do poder temporal dos Papas e a raíz da súa decadencia espiritual.

[editar] Mestre

Preocupado pola formación secular e relixiosa do pobo, impulsou tamén o coidado da liturxia e o chamado canto gregoriano

Considerado como un dos Pais da Igrexa occidental, escribiu unha regra pastoral que será guía pastoral e relixiosa dos bispos medievais, unos Diálogos sobre a vida edificante dos santos, en particular Bieito de Nursia, e a célebre Moralia in Job e varias coleccións de Homilías. A el débese o concepto de pecado capital como raíz do resto dos vicios. Tendo a súa orixe no orgullo, os pecados capitais son sete: soberbia, envexa, xenreira, cobiza, tristura, gula e luxuria. Encadean ao home de xeito que este debe contar para vencelos cos dons da graza que o Espírito lle outorga, en especial a fe, a esperanza e o amor.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -