See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Gravata - Wikipedia

Gravata

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Unha gravata actual, azul.
Unha gravata actual, azul.

A gravata é un lenzo fino ou anaco de seda en forma de tira que se anoa arredor do colo da camisa ou directamente do pescozo como adorno ou a xeito de abrigo. A orixe da gravata moderna data da terceira década do século XVII cando durante o reinado de Luís XIII de Francia se uniron ao exército de Richelieu que convatía á raíña nai María de Médicis mercenarios croatas que portaban ese complemento para adornar o seu uniforme

Militar croata con gravata do século XIX, versión modificada da gravata orixinal
Militar croata con gravata do século XIX, versión modificada da gravata orixinal

.

A prenda popularizouse na corte de Versalles ligada ao emprego da casaca, prenda militar que se extendía cada volta máis entre os civís a mediados do século XVII. En 1670 o rei Luís XIV de Francia ordenou o uso obrigatorio do uniforme entre os seus soldados que incluía a gravata que levaban anoada e pendurada pero no mundo civil o seu deseño fíxose máis relambido.

Gravata sinxela de Luís XIV en 1675
Gravata sinxela de Luís XIV en 1675
Gravata complexa de Luís XIV en 1684
Gravata complexa de Luís XIV en 1684

En 1692 a batalla de Steenkerque deu orixe a un novo estilo de gravata cando Guillerme III de Orange atacou por sorpresa ás tropas francesas e estas non tiveron tempo de anoarse a gravata e simplemente a pasaron polo pescozo, suxeitando as puntas cun ollal da casaca, fíxose popular en París ao aparecer un personaxe nun teatro de ópera parisino, os homes levábana pasando as súas dúas puntas polo sexto ollal da casaca e as mulleres collían os cordóns do corpiño para atala, mantivo a súa popularidade ata 1720 para ser substituída por unha cinta de encaixe bordado, ata a Revolución Francesa a gravata queda reducida ao mínimo ou mesmo chega a desaparecer pero desde 1789 a desaparición do traxe de corte e a influencia británica orixinan unha moda máis igualitaria e a gravata aparece nos líderes da revolución, xeralmente unha gran gravata que dá voltas arredor do pescozo e que se anoa en forma de lazo.

Na Revolución Francesa a gravata volveu a poñerse de moda
Na Revolución Francesa a gravata volveu a poñerse de moda
George Bryan Brummell
George Bryan Brummell

O británico George Bryan Brummell prototipo do dandi inglés baseaba o seu concepto da elegancia en gran medida na gravata elixida e na súa colocación e Honoré de Balzac escribiu un pequeno tratado sobre a arte de anoarse a gravata correctamente. A partir da revolución de 1830 desaparecen as gravatas fantásticas e se pon de moda un lazo negro atado con despreocupación e comeza a difundirse a gravata de nó. A gravata segue a ser o atuendo formal dos homes occidentais ata a Primeira Guerra Mundial e en menor medida ata a Segunda Guerra Mundial.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -