Germà Colón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Germà Colón i Doménech ( Castelló de la Plana, 1928) é un dos lingüistas máis importantes da filoloxía románica e da lexicoloxía catalana.
[editar] Biografía
É actualmente catedràtico da Universidade de Basilea. Foi antes profesor na Universidade de Estrasburgo (1968 - 1972) e da Universidade Autónoma de Barcelona (1973 - 1974). Converteuse en membro da Reial Acadèmia de Bones Lletres de Barcelona e máis da Comisión Lulliana a raíz da publicación das obras completas de Ramón Llull. É tamén Doutor honoris causa da Universidade de Valencia e da Universidade de Alacante. É membro do consello asesor da colección Els Nostres Clàssics e do equipo editor da revista Estudis de Llengua i Literatura Catalanes. É conselleiro de honra da Asociación Internacional de Lengua e Literatura Catalanas (da que foi presidente entre 1976 e 1982) e membro numerario do Institut d'Estudis Catalans (IEC). Foille outorgado o Premio Sanchis Guarner da Fundación Jaume I (1987), o Premio de Honra das Letras Valencianas (1988), o Premio Prat de la Riba do IEC (1979), o Premio Serra d'Or (1981), a Cruz de Sant Jordi (1985) e o Premio de Literatura da Generalitat de Cataluña (1987). Doou a súa biblioteca persoal (máis de 20.000 obras) á Universidade Jaume I de Castelló de la Plana.
[editar] Obras
- El léxico catalán en la Romania (1976).
- La llengua catalana en els seus textos (1978) (A língua catalana nos seus textos) .
- El panorama de la lexicografia catalana (1986).
- Problemes de la llengua a València i als seus voltants (1987) (Problemas da língua en Valencia e os seus arredores).
- El español y el catalán, juntos y en contraste (1989).
- Estudis de filologia catalana i romànica (1997).
- Para la historia del léxico español (2002).
- De Ramon Llull al Diccionari de Fabra. Acostament lingüístic als monuments de les lletres catalanes (2003) (De Ramón LLull ao "Dicionario" de Fabra. Achegamento lingüístico aos monumentos das letras catalanas).