See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
George Berkeley - Wikipedia

George Berkeley

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Alto!!! Este artigo está sendo editado.
Este artigo está actualmente sendo editado.
Por favor, non faga ningunha edición neste artigo mentres esta mensaxe siga aparecendo para evitar así conflitos de edición.
Se precisa saber quen está traballando no artigo, por favor revise o historial de edicións
(O tempo máximo de presenza deste marcador no artigo é dun mes; pasado ese tempo debe retirarse).


George Berkeley e un filósofo e clérigo irlandés, considerado o fundador da moderna escola do idealismo, teoría que afirma que a existencia de todos os obxectos físicos depende da mente. De acordo cos seus escritos de principios do século XVIII, una mesa 'é' real só se unha mente a percibe. Polo tanto, os obxectos son ideas. Berkeley mantiña que non se pode concebir que a materia exista con independencia da mente; os fenómenos dos sentidos só poden explicarse supoñendo que hai un deus que provoca de forma continua a percepción na mente humana.

George Berkeley
George Berkeley

Índice

[editar] Biografía

Naceu o 12 de marzo de 1685 en Dysert, Irlanda, nunha familia acomodada. Estudou en Kilkenny College, e asistiu as clases no Trinity College en Dublín, onde rematou os seus estudos en 1707. Permaneceu no Trinity College ata lograr un título de profesor de Grego. Toda a súa vida estivo marcada polo afán de realizar una apoloxía da relixión cristiá. Pensaba que para iso o mellor era manexar como instrumento o inmaterialismo.

A sua primeira publicación foi de carácter matemático, pero a primeira que gañou notoriedade foi o seu Ensaio An Essay Towards a New Theory of Vision (Cara unha nova teoría da visión), publicado en 1709. Anque levantou moita polémica no seu momento, as súas conclusións forman parte na actualidad da óptica. A esta obra seguiraa o Treatise on the Principles of Human Knowledge (Tratado sobre os principios do coñecemento humano), en 1710. Con ambas concluirá a primeira etapa da súa producción filosófica, caracterizada polo interese en loitar contra os librepensadores, contra os escépticos que negaban a existencia de Deus ou a puñan en dúbida. As obras que seguiron, dentro da misma liña, adoptan o esquema teórico do neoplatonismo. Trasládase a Londres en 1713 onde se relaciona con varios intelectuais moi coñecidos na súa época. Entre eles estaba o seu compatriota Jonathan Swift. Ese mesmo ano aparecería Three Dialogues Belween Hylas and Philonous (Os tres diálogos entre Hylas e Philonus, nos que desenvolveu o seu sistema filosófico, cuxo principio fundamental é que o mundo que se representa nos nosos sentidos só existe se é percibido). Os principios é unha exposición, mentras que os diálogos constitúen a súa defensa. En forma dialogada expón a doutrina do Ensaio e do Tratado á vez que contesta a algunhas obxecións.

Un dos seus obxectivos principais foi combater o materialismo, teoría dominante na súa época. Anque as súas teorías foron ridiculizadas, algúns, como S. Clarke, considerárono un xenio. Pouco despois visitou Inglaterra onde foi recibido por Addison, Pope e Steele. No período entre 1714 e 1720 alternou os seus traballos académicos con viaxes por Europa. En 1721 recibiu un doutorado en teoloxía, e decidiu permanecer no Trinity College de Dublín dando clases de Teoloxía e Hebreo. En 1724 fixérono deán de Derry.

Durante este período concibiu o proxecto de fundar nas illas Bermudas un colexio para evanxelizar os salvaxes de América. Estaba convencido de que Europa atopábase condenada a unha inevitábel decadencia moral. Debido a iso a civilización e a relixión só podían sobrevivir se se levaban a pobos xoves. En 1728 zarpou dende Inglaterra con dirección a América. Pasou tres anos en Rhode Island, esperando as axudas que lle prometeran. Porén estas non chegaron, e en 1731 voltou a Inglaterra. Durante os tres anos que residiu en Rhode Island –onde comprou unha fábrica e construiu unha casa- Berkeley escribiu o Alcifrón ou o filósofo insignificante contra Shaftesbury, e en 1734-1737 The Querist. En 1734 Berkeley foi nomeado obispo da pequena diócese de Cloyne, en Irlanda. En Cloyne, dedicado á realización de obras filantrópicas e morales, Berkelley permaneceu hasta poucos meses antes da súa morte, ocurrida en 1753. Unha epidemia que se produxo entre 1739 e 1740 serviu de ocasión para que o obispo Berkeley escribise –e máis tarde publicase, en 1744- “A Siris, cadena de reflexións e investigacións filosóficas sobre as virtudes da auga de alquitrán, e outros distintos temas vinculados entre si e que surxen uns de outros”.

Durante o verán de 1752, Berkeley trasladouse a Oxford, onde faleceu poucos meses despois, o 1 de xaneiro de 1753. En 1781, con carácter póstumo, publicouse o relato da súa viaxe a Italia, titulado Diario en Italia.

Iste é o Berkeley de quén a cidade norteamericana así chamada, sede dun importante centro universitario no estado de California, deriva o seu nome.

[editar] Filosofía

Berkeley desenvolveu a súa teoría filosófica como unha resposta ao escepticismo e o ateísmo. Afirmaba que o escepticismo surxe cando a experiencia ou as sensacións se atopan desligadas dos obxectos, non deixando ningún camiño posible para saber deles excepto a través das ideas. Para poñer fin a esta disociación, unha persoa ten que recoñecer que o "ser" das cousas sensibles consiste só en que son percibidas. Todo o que é percibido é real, por iso as únicas cousas cuxa existencia se pode coñecer son aquelas que se poden percibir. Berkeley insistiu, non obstante, en que as cousas si teñen unha existencia fóra da mente humana e as súas percepcións, pois as persoas non poden controlar as ideas que teñen. En consecuencia, debe haber unha mente na que existan todas as ideas, un omnipresente espíritu infinito, a saber, Deus, que o percibe todo. Deus é, para Berkeley, o garante da orde que se acha entre todas as ideas.

O sistema filosófico de Berkeley eliminaba calquer posibilidade de coñecemento dun mundo externo material. A pesar de que o seu sistema tivo poucos seguidores, as súas críticas aos razoamentos sobre un mundo separado externo e ao concepto da materia foron poderosas e influiron nos filósofos posteriores.

A filosofía científica de Berkeley bautizouse como empirista, positivista instrumentalista, fenomenolóxica e teísta. Berkeley foi un dos primeiros críticos de Newton, anque a súa filosofía surxiu como consecuencia de ler o Ensaio sobre o entendemento humano de Locke, que apoiaba e extendía as ideas de Newton. Berkeley rexeitou a dicotomía entre a materia ou substancia, por un lado, e as diferentes calidades que percibimos nela cos nosos sentidos, polo outro; con espírito aínda máis empirista que o de Locke, sinalou que como o único que realmente percibimos son as calidades, mentras que a materia nada máis a supoñemos, esta debería eliminarse, deixando á realidade formada só por dous elementos: as mentes e as ideas que istas experimentan directamente. De aquí surxe o famoso esse est percipi, cuxa única excepción (para Berkeley) é Deus. As cousas que enchen este mundo existen grazas a que son percibidas por Deus, pero o seu poder é tan grande que a través del nós tamén as percibimos.

A filosofía da ciencia de Berkeley derivase da súa epistemoloxía, que non require do andamiaxe metafísico necesario para demostrar a existencia de Deus: como bó idealista, postula que as nosas experiencias dos fenómenos reais só son secuencias de ideas que ocorren na mente, sen relación causal ningunha có mundo exterior; como bó fenomenólogo, sinala que a "negrura" da noite ou o sabor dun doce son os únicos obxetos do coñecemento; como bó instrumentalista, critica a Newton pola súa transformación de termos matemáticos en entidades "reais", pode dicirse que a posición de Berkeley ante as leis da mecánica newtoniana era claramente idealista, fenomenolóxica, instrumentista e positivista. No seu esforzo por establecer unha teoría racional do coñecemento totalmente consistente, Berkeley sacrificou a súa credibilidade. Ao enterarse o doutor Johnson de que Berkeley negaba a existencia do mundo exterior, pateou unha gran pedra mentras dicía: "¡Así é como o refuto!" A pesar do peso histórico desta anécdota, o irascíbel doutor Johnson non estaba refutando nada, senon simplemente xerando certas sensacións diferentes no seu pé. Pero Berkeley anticipou con gran claridade o seguinte e último paso do empirismo, dado por Hume, que foi o recoñecemento das dificultades implícitas na teoría filosófica da causalidade e do que posteriormente coñeceuse como o "problema da indución".

En consecuencia:

  1. Todo coñecento do mundo empírico obtense a través da percepción directa.
  2. O erro provén de considerar en detalle as percepcións.
  3. O coñecemento do mundo empírico pode purificarse e perfeccionarse eliminando todo o pensamento e quedándose só coas percepcións puras.

De isto seguese que:

  1. A forma ideal do coñecemento científico obtense perseguindo as percepcións puras, sen intervención do intelecto.
  2. Se os individuos actuaran desta forma, seriamos capaces de coñecer os secretos máis profundos do mundo natural e do mundo humano.
  3. A meta da ciencia, polo tanto, é desintelectualizar.
Tratado sobre os principios do coñecemento
Tratado sobre os principios do coñecemento

[editar] Obras

  • Ensaio para unha nova teoría da visión (1709)
  • Tratado sobre os principios do coñecemento (1710)
  • Tres diálogos entre Hylas e Philonous (1713)
  • Alcifrón (1732)
  • O analista (1734)
  • Siris (1744)
  • Diario en Italia (1781, póstumo)

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Reale, G., Antiseri, D. (1995), Historia del pensamiento filosófico y científico, II Del humanismo a Kant, Madrid: Herder. ISBN 978-84-254-1590-6.

[editar] Outros artigos

  • Empirismo

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -