Galway - Gaillimh
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Galway Gaillimh |
|||
---|---|---|---|
Catedral de Galway. |
|||
Provincia | Connacht | ||
Condado | condado de Galway | ||
Área | 50,57 km² | ||
Poboación (2006) | 71.983 hab. | ||
Website | www.galwaycity.ie | ||
|
|||
Cidade da República de Irlanda |
Galway (Gaillimh en irlandés) é a capital do condado de Galway, en Irlanda. A cidade se encontra na costa oeste da illa, no recanto noroccidental da badía de Galway (53.28°N 9.06°W). O río Corrib atravesa a cidade.Xuvenil e dinámica, é unha das cidades con máis crecemento económico da Unión Europea e resulta difícil precisa-lo seu número de habitantes (Segundo censo de 2001 a cidade tiña uns 66.000 habitantes), pois aumenta constantemente coa chegada de estudantes a calquera das súas dúas universidades, a National University of Ireland, Galway e a MGIT, así como de traballadores estranxeiros, en gran parte españois.
[editar] Historia Antiga
Con máis de oito séculos dende a súa fundación, Galway, en gaélico Gaillimh (de gall e am, "río rochoso"), debe o seu nome ó leito de pedras do Corrib, o río que a atravesa. Aínda que, se habemos de crer nas lendas, a orixe do topónimo se acharía na mitoloxía celta, segundo a cal Galvia, filla do rei Breasal, afogouse preto dunha rocha no Corrib. Finalmente, unha corrente minoritaria de historiadores defende que o nome é unha derivación do termo latino Gallaeci (Galicia), terra coa que os ancestros de Galway terían fluídas relacións dende tempos moi remotos.
[editar] Dende a súa fundación
O nacemento da cidade tivo lugar no século XIII cando Richard de Burgo, un dos invasores anglonormandos, chegou a estas latitudes e tentou toma-lo castelo defendido polo clan local dos Ou'Flaherty. Tras dous anos de asedios, conseguiu o seu obxectivo. Dende 1232, acosada polas tribos irlandesas, a vila de Galway medrou amurallada e fiel ó trono inglés. Da man dos dirixentes normandos, unhas cantas familias monopolizaron os principais negocios. Esta foi a xénese das chamadas catorce tribos de Galway, apelativo que os soldados de Oliver Cromwell dedicarían séculos despois ós poderes fácticos da cidade. Nos albores do século XIV, a vila xa comezaba a se perfilar como un porto comercial no que os viños españois eran moi apreciados.
[editar] Relación con España
A cidade de Galway foi destino habitual de barcos españois nos séculos XV e XVI. O comercio do viño, a pesca do salmón, a loita contra o protestantismo e a común aversión a Inglaterra propiciaron unha gran cooperación. "Todo nesta cidade ten un aire a España." Cando o viaxeiro escocés Robert Graham visitou Galway en 1836, escribiu que a soberbia, que segundo el era típica da Península Ibérica, definía aos seus habitantes, e que nos rueiros podíase percibilo ambiente de dó e indolencia propio de latitudes máis meridionais. Aínda que as súas afirmacións podense considerar hoxe algo desfasadas, é imposible negar que Galway aínda conserva a súa vocación de porto español e o desexo de ser capital dos mares, albergue de estranxeiros e patria dos valentes.