See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Función de densidade - Wikipedia

Función de densidade

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

En matemáticas e estatística, a Función de desentirativa (en inglés, probability density function: pdf) serve para representar a distribución de probabilidade en termos de integrales. Unha función de densidade de probabilidade é sempre non-neativa e a súa integral dende −∞ ata +∞ é igual a 1. Se unha distribución de probabilidade ten densidade f(x), entón, intuitivamente o intervalo infinitesimal [x, x + dx] ten probabilidade f(x) dx. A función de densidade de probabilidade pode verse como unha versión "suavizada" dun histograma: se algén mide empiricamente valores dunha variable aleatoria continua repetidamente e produce un histograma coas frecuencias relativas dos rangos de saida, entón este histograma dará lugar á densidade de probabilidade da variable aleatoria (asumindo que a variable é mostreada suficientemente a miudo e os rangos de saida son suficientemente pequenos).

Formalmente, unha distribución de probabilidade ten densidade f(x) se f(x) é unha función non-negativa Lebesgue-integrable RR de xeito que a probabilidade do intervalo [a, b] ven dada por

\int_a^b f(x)\,dx

para calquera dous números a e b. Isto implica que a integral total de f debe ser 1. Á inversa, calquera función non-negativa integrable por Lebesgue con integral total 1 é a densidade de probabilidade de unha distribución de probabilidade definida axeitadamente.

Índice

[editar] Explicación simplificada

A función de densidade de probabilidade é calquer función f(x) que describe a densidade de probabilidade en termos da variable de entrada x do seguinte xeito:

  • f(x) é maior ou igual a cero para tódolos valores de x
  • A área total baixo a gráfica é 1:
 \int_{-\infty}^\infty \,f(x)\,dx = 1

A probabilidade actual pode ser calculada mediante a integral da función f(x) no intervalo de integración da variable de entrada x.

Por exemplo: a variable x no intervalo 4.3 < x < 7.8 tería a probabilidade

\Pr(4.3<x<7.8) = \int_{4.3}^{7.8} f(x)\,dx.

[editar] Máis detalles

Por exemplo, a distribución uniforme continua no intervalo [0,1] ten densidade de probabilidade f(x) = 1 para 0 ≤ x ≤ 1 e cero no resto. A distribución normal estándar ten densidade de probabilidade

f(x)={e^{-{x^2/2}}\over \sqrt{2\pi}}.

Dada unha variable aleatoria X, se a súa distribución admite a función de densidade de probabilidade f(x), entón o valor esperado de X (se existe) pode ser calculado como

\operatorname{E}(X)=\int_{-\infty}^\infty x\,f(x)\,dx.

Non todas as distribucións de probabilidade teñen función de densidade: as distribucións de variables aleatorias discretas non teñen, tampouco a Distribución Cantor ainda que non ten compoñente discreta e non asigna probabilidade positiva a ningún punto individual.

Unha distribución ten función de densidade si e só se a súa Función de Distribución de Probabilidade F(x) é absolutamente continua. Nese caso, F é diferenciable en todo o rango, e a súa derivada pode ser usada como densidade de probabilidade:

\frac{d}{dx}F(x) = f(x).

Se a distribución de probabilidade admite unha densidade, entón a probabilidade de cada conxunto de un so punto {a} é cero.

É un erro común pensar que f(a) é a probabilidade de {a}, isto é incorrecto; de feito, f(a) será a miudo maior que 1 - considérese unha variable aleatoria con distribución uniforme entre 0 e 1/2.

Duas densidades de probabilidade f e g representan á mesma distribución de probabilidade se so se diferencian nun conxunto de medidas cero de Legesgue.

No campo da Física estatística, unha reformulación non formal da relación entre a derivada da Función de Distribución de Probabilidade e a función de densidade de probabilidade é usada como a definición da función de densidade de probabilidade. Esta definición alterntativa é a seguinte:

Se dt é un número infinitamente pequeno, a probabilidade de que X esté incluido no intervalo [tt + dt] é igual a f(t)\,dt, ou:

\Pr(t<X<t+dt) = f(t)\,dt~

[editar] Relación entre distribucións continuas e discretas

A definición da función de densidade de probabilidade fai posible describir á variable asociada con unha distribución continua usando un conxunto de variables binarias discretas asociadas cos intervalos [a;b] (por exemplo, unha variable con valor 1 se X está en [a;b], e 0 se non).

É posible tamén representar certas variables aleatorias discretas usando unha densidade de probabilidade mediante a Función delta de Dirac. Por exemplo, consideremos unha variable aleatoria discreta binaria tomando como valores -1 e 1, con probabilidade 1/2 cada un, a densidade de probabilidade asociada con esta variable é:

f(t) = \frac{1}{2}(\delta(t+1)+\delta(t-1)).

Máis xeralmente, se unha variable discreta pode tomar 'n' valores diferentes entre os números reais, entón a función de densidade de probabilidade asociada é:

f(t) = \frac{1}{n}\Sigma_{i=1}^nP_i\, \delta(t-x_i), onde x_1, \ldots, x_n son os valores discretos posibles da variable e P_1, \ldots, P_n son as probabilidades asociadas con cada un desde valores.

Esta expresión permite determinar características estatísticas de dita variable discreta (como a súa media, varianza e curtose), mediante as fórmulas dadas para unha distribución continua.

Na física, esta descripción é tamén util para caracterizar matematicamente a configuración inicial dun movemento Browniano.

[editar] Véxase tamén

  • Función de Distribución de Probabilidade


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -