Franz Marc
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Franz Marc (8 de febreiro de 1880 – 4 de marzo de 1916) foi un dos principais pintores alemáns do movemento do Expresionismo.
Índice |
[editar] Carreira
Marc naceu na cidade de Munich e alí estudou na Academia de Belas Artes, comezando no ano 1900. Entre os anos 1903 e 1907 instalouse na cidade de París onde descobriu a sua admiração pelo pintor Vincent van Gogh. Em París, Marc desenvolveu unha grande amizade co tamén pintor August Macke en 1910. Em 1911 formou o círculo de artistas chamado Der Blaue Reiter xunto con Macke, Wassily Kandinsky, e outros artistas que decidiran rachar co movemento do Neue Künstlervereinigung.
Espuxo os seus primeiros traballos na primeira exposición do Der Blaue Reiter na Galería Thannhauser en Munich entre o decembro de 1911 e o xaneiro do 1912. A exposición tamén percorreu as cidades de Berlín, Colonia, Hagen, e Frankfurt. En 1912, Marc coñeceu a Robert Delaunay, o que sería a súa segunda grande influencia, polo seu uso do color e por ser o creador do Futurismo.
O seu nome está na lista dos artistas que tiveram que combater na Primeira Guerra Mundial. Franz Marc morreu na Batalla de Verdun mentres montaba a cabalo en 1916.
[editar] Estilo e Legado
A maior parte das obras de Marc , están relacionadas co mundo da natureza. O seu traballo caracterizouse polo uso de colores rechamantes, e o uso do cubismo nos seus cadros de animais.
A obra máis coñecida de Marc é Tierschicksale (tamén coñecida como Animal Destinies ou Fate of the Animals) completada en 1913, atópase na Basel Kunstmuseum en Basilea.
En outubro de 1998, moitas das obras de Marc chegaron a prezos record na subasta de arte Christie's na cidade de Londres , entre as que se atopaba o seu Rote Rehe I (Cervo Vermello I), vendida por 3.30 millóns de libras. Ó ano seguinte esta cifra foi superada polo súa Der Wasserfall (A fervenza) que foi vendida na Sotheby's de Londres, por 5 millóns de libras.