See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Francisco Xabier - Wikipedia

Francisco Xabier

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

San Francisco Xabier
San Francisco Xabier
As viaxes de Francisco Xabier
As viaxes de Francisco Xabier

Francisco Xabier. Santo navarro, patrón das misións, da India e dos navegantes.

[editar] Inicios

Nacido no castelo de Xabier o 7 de abril de 1506 no, daquela independente, Reino de Navarra. Pertencía a unha familia de liñaxe, perdedora e represaliada na guerra de anexión á coroa española. Foi a estudar a París. Alí coñeceu a Ignacio de Loiola quen activou nel un proceso de conversión. Francisco Xabier desprezou o que fora o seu afán de prestixio académico e prosperidade e realizou con outros cinco compañeiros os chamados votos de Montmatre de pobreza, castidade e obediencia ao Papa. Axudou a Ignacio de Loiola a redactar primeira constitución da Compañía de Xesús.


[editar] Viaxes

Marchou á India, chagando tras un duro viaxe de trece meses a Goa. No accidentado periplo apaciguou liortas e coidou dos enfermos, pois se desencadeara unha epidemia de escorbuto que fixo do seu camarote unha enfermería.

Asemade chegou a Goa, comezou a predicar o evanxeo entre os pescadores de perlas pobres. Adicábase a atender enfermos, leprosos, escravos, presos e moribundos e, a finais de 1544, bautizou a uns dez mil pescadores. Converteu á tribo dos Paravas, pero fracasou coa casta superior dos brahamanes. Describía o sufrimento dos nativos a mans dos portugueses como unha espiña que levo constantemente no corazón. Ao rei de Portugal escribiulle que moitos conversos ían volver ao paganismo escandalizados e desalentados polas inxustizas e vexacións que impoñen os oficiais da Vosa Maxestade. Noutra carta, falando dos abusos dos europeos dicía: estou aterrado ante o número de inflexións novas que se dan aquí ao verbo roubar. Tiña unha especial atención polos nenos e para eles adaptaba as verdades do cristianismo á música popular.

En 1544 marchou para Madrás e as Molucas onde fundou misións. En 1549 surcou o Pacífico ata o daquela misteriosoXapón onde conseguiu uns froitos discretos. Varios samurais convertéronse ao cristianismo o que provocou duras reaccións dos potentados nipóns. En 1551 volveu á India e, un ano despois, saiu para China, onde xa fixera escala en anteriores viaxes. Enfermo durante o traxecto, na súa agonía pronunciaba verbas indescifrables para os acompañentes, probablemente o seu euskera natal. Finalmente faleceu o 3 de decembro de 1552 na illa de Shang Chuang aos 46 anos de idade. O seu cadavre foi sepultado na igrexa do Bom Xesús, lugar aínda hoxe de peregrinación.

[editar] O home

Francisco Xabier estudaba as linguas locais dos pobos evanxelizados, aprendía os seus costumes e relixión. Denunciou repetidamente os abusos dos colonizadores portugueses e despregou unha infatigable laboura a prol dos desfavorecidos. Cos colonos afastados da moral sexual cristiá amosou tacto e comprensión. As cartas sobre as súas actividades distribuíanse por Europa, o que incentivou un espírito misioneiro mesturado de aventura e exotismo, de entusiasmo e misticismo. Nelas revela un carácter sacrificado, hiperactivo, observador, preocupado pero fondamente feliz. Deixou ao redor de 1500 escritos. Documentos valiosos para entender a Cultura e a Historia do Extremo Oriente.

Foi beatificado por Paulo V en 1619 e canonizado por Gregorio XV en 1622, o mesmo día que Ignacio de Loiola, Filipe Neri, Tareixa de Avila e Isidro Labrador


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -