See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Filípico - Wikipedia

Filípico

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Moeda que representa ao emperador Filípico
Moeda que representa ao emperador Filípico

Philippikos Bardanes (Φιλιππικός Βαρδάνης), en galego Filípico Bardanes ou Fílipico foi un emperador bizantino que reinou a principios do século VIII durante uns poucos anos e tratou de restaurar o monotelismo.

Bardanes era fillo do patricio Nicéforo e converteuse nun distinguido soldado baixo o reinado de Xustiniano II. O seu nome indica unha orixe armenia. Co apoio dos monotelistas tivo algún tipo de pretensión ao trono na primeira gran revolta que derrocou a Xustiniano; o emperador Tiberio III desterrouno a Cefalonia e posteriormente Xustiniano, cando recuperou o poder, deportouno a Querson, en Crimea. Aquí Bardanes, tomou o nome de Filípico e incitou con éxito aos habitantes desta colonia á rebelión. Os rebeldes tomaron Constantinopla e executaron tanto a Xustiniano II como ao seu fillo e herdeiro Tiberio. Filípico foi coroado emperador en 711.

O seu reinado (711-713) deu comezo a unha serie de breves reinados nos que uns xenerais foron substituíndo a outros á fronte do Imperio, uns reinados que deron lugar a confusión política, a perda de territorios e a un desprestixio da figura imperial.

Entre os seus primeiros actos, atopouse o de depoñer a Ciro, o patriarca ortodoxo de Constantinopla, en favor de Xoán, un membro da seita monotelista. Filípico destacouse no campo relixioso como defensor do monotelismo, doutrina que predicaba que Cristo tiña unha única vontade e que deixaba de lado a cuestión da súa natureza e da súa enerxía. O monotelismo trataba de ser unha solución de compromiso entre a ortodoxia cristiá e o monofisitismo. A aposta de Filípico polo monotelismo entraba en contradición coa política dos seus predecesores que se distanciaron desta doutrina e apostara pola ortodoxia como forma de congraciarse co cristianismo occidental e o Papado. Crese que a aposta de Filípico polo monotelismo foi un intento de atraerse á poboación armenia, maioritariamente monofisita, á órbita do Imperio.

No plano militar Filípico tívose que enfrontar, por unha banda, á perda do control bizantino sobre a rexión de Cilicia que caeu en mans dos árabes, mentres que nos Balcáns, os búlgaros atacaron ao Imperio e chegaron case ata as portas de Constantinopla. Cando Filípico trataba de reorganizar as súas forzas para repeler eses ataques; foi deposto por un motín protagonizado polos soldados da thema (distrito militar) de Opsikion (rexión de Constantinopla), que o deixaron cego.. Sucedeuno ao mando do estado Artemio, un oficial do palacio que tomou o nome de Anastasio II e que derrogou todos os edictos favorecedores do monotelismo que aprobara o seu predecesor.


Imperio Bizantino

Segue a:
Xustiniano II
Filípico
Precede a:
Anastasio II, Emperador


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -