Fibrina
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A fibrina é unha proteína fibrilar capaz de formar redes tridimensionais. A súa función como compoñente do plasma sanguíneo é proporcionar o soporte mecánico para o proceso de coagulación. Encóntrase normalmente no sangue como un precursor inactivo (que non pode formar redes) que se chama fibrinóxeno. A conversión de fibrinóxeno en fibrina pola acción da encima trombina constitúe o evento final da cascada de activación de cimóxenos que desencadea a coagulación.