See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Fernando IV de León e Castela - Wikipedia

Fernando IV de León e Castela

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Estatua de Fernando IV de León e Castela
Estatua de Fernando IV de León e Castela

Fernando IV de Borgoña, o Emprazado (Alcázar de San Juan, 1285 - Xaén, 1312). Rei de Castela e de León desde 1295 ata a súa morte e fillo de Sancho IV o Bravo e de María de Molina, neto de Afonso X o Sabio.

Ó final do seu reinado ostentaba os títulos de Rei de Castela, Toledo, León, Galiza, Sevilla, Córdoba, Murcia, Xaén e o Algarve.

Casado con Constanza de Portugal, filla de Dionisio I, coa que tivo dous fillos:

  • Leonor (¿? - ¿?), que casou con Afonso IV de Aragón;
  • Constanza (1308 - 1310);
  • Afonso o Xusticieiro (1311 - 1350), que sería o seu sucesor co nome de Afonso XI.

[editar] Rexencia

Tiña nove anos cando morreu o seu pai, polo que asumiu a rexencia e tutoría a súa nai, María de Molina, ata que o rei acadou a maioría de idade en 1301. Fernando fora xa proclamado rei en Toledo en 1295, con numerosa representación dos tres brazos políticos de León e de Castela, pero este acto non foi senón o comezo duns anos turbulentos en que non cesaron as intrigas e as loitas polo poder por parte de la nobleza y de los reyes de Aragón, Portugal y Francia.

Foi un reinado azaroso e difícil. Durante catorce anos desatouse unha gran anarquía contra a que loitou con bastante tino a raíña rexente, muller moi sabia e de gran intelixencia e dominio político. María de Molina puido conter bastantes desaforos e conseguiu manter no trono ó seu fillo Fernando. As loitas internas e rivalidades viñan como unha herdanza do reinado anterior. De novo saíron á luz as pretensións do infante Juan, Señor de Valencia de Campos, (tío do xoven rei, que fora inimigo acérrimo do seu propio irmán Sancho IV, e as do primoxénito de la Cerda, o fillo de don Fernando de la Cerda, (fillo á súa vez de Afonso X o Sabio), e por tanto, curmán do rei Fernando IV. Estes dous inimigos souberon aliarse co rei de Portugal, Afonso IV o Bravo, co de Aragón, Xaime II e co de Francia, Filipe IV o Fermoso, que era señor de Navarra e que quixo aproveitar as loitas e desavenencias para ensanchar os seus dominios, pero non conseguiu nada.

Os nobles levantábanse contra o rei e pedían novas mercedes en pago dunha certa lealtade, pero unha vez obtidas volvían ós seus feudos para maquinar novas sublevacións. Pouco a pouco e gracias ó gran prestixio que tiña é ó bo facer político, María de Molina foi conseguindo desarmar a estes nobres sublevados. Incluso o infante don Juan chegou a prestar obediencia ó rei, e o rei de Portugal aplacou os seus ánimos belicosos. Dona María loitou con tódalas súas armas por manter en paz o trono e poderllo entregar ó seu fillo en condicións bastante favorables, aínda que os historiadores contan que cando Fernando IV acadou a maioría de idade, mostrouse ingrato coa súa nai e incluso lle pediu contas da inversión dos fondos públicos, fondos que se empregaran en boa parte para manter a paz. A raíña nai soubo afrontar con entereza e dignidade a situación de humillación na que a puña o seu fillo e presentou as contas ó pé da letra, nas que se podía ver como ela puxera diñero propio para o erario. Tamén presentou as xoias de Sancho IV, intactas, a requerimento do seu fillo, máis as súas propias.

[editar] Reinado

Unha das decisións importantes do novo rei foi o acordo de fronteiras co rei de Aragón en 1304, chamado Sentencia Arbitral de Torrellas: o límite para Castela estableceuse na marxe dereita do río Segura, incluíndo a cidade de Murcia. Foi un convenio pouco favorable para Castela. Despois quixo aplacar as pretensións do seu curmán don Alonso de la Cerda, para o que mandou que se lle concediesen moitas vilas e lugares. A paz durou pouco, pois o outro rival, o seu tío o infante Juan, rebelouse de novo, aínda que finalmente dona María de Molina conseguiu facer fracasar o intento.

Uniuse cos reis de Aragón e Portugal para a conquista de Granada, pero este intento foi un fracaso. Si tivo éxito na conquista de Xibraltar, onde entrou triunfante en agosto de 1305.

Fernando IV tiña na mente atacar e conquistar Alxeciras, que era unha praza moi importante, pero lle sorprendeu a morte na preparación desta empresa en Xaén. Unha lenda sobre morte fala da maldición dos irmáns Carvajales, inimigos do monarca.

A lenda conta que Fernando IV sentía un gran odio por estes dous rivais, Juan e Pedro Alfonso de Carvajal. Pediu ó seu favorito Juan Alfonso de Benavides que os asasinase. Houbo unha loita en lexítima defensa, pero como no altercado morreu o nobre favorito do rei, este mandou prender ós irmáns, que foron hallados e detidos n feira de Medina del Campo (Valladolid), cando compraban os arreos para os seus cabalos. O castigo consistiu en encerralos nunha gaiola no castelo de Martos (preto de Xaén), e facelos despeñar ós poucos días polo precipicio. Os irmáns Carvajal declaráranse inocentes, pois a morte do nobre fora en defensa propia e non por asasinato, así que no momento antes de morir emprazaron ó rei a unha morte segura cando pasase un mes, no caso de seren realmente inocentes, (xuízo de Deus). O rei morreu ó mes xusto da execución, por iso foi coñecido como o Emprazado.

Precedido por:

Sancho IV

Reis de Castela e León Sucedido por:

Afonso XI


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -