Fermín Bouza-Brey
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fermín Bouza-Brey Trillo (Ponteareas, 31 de marzo de 1901 - Santiago de Compostela, 11 de xuño de 1973) foi un escritor galego.
Índice |
[editar] Biografía
Fermín Bouza-Brey naceu en Ponteareas. Era fillo de Luis Bouza Trillo (1869-1941), un polígrafo vilagarcián, que vivíu da cabalo entre os dous séculos, literato en castelán, e, menos, en galego.
Estudou Filosofía e Letras xunto con Dereito, nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid, acadando o título de doutor nesta última. Logo opositou á maxistratura, exercendo como xuíz, sucesivamente, en Santiago de Compostela, Lleida, Pontevedra e Oviedo[1].
En 1919 publicou o seu primeiro artigo, Teatro de antaño en Santiago en castelán. Foi un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos en 1923 e ao ano seguinte comeza a escribir pola primeira vez en galego co artigo Os estudantes ao arcebispo. Colaborador en revistas como Cristal, Resol ou Nós. O Centro de Estudios Históricos forneceulle unha bolsa de estudos na Bretaña francesa. Xuíz dende 1929, durante a Guerra Civil foi separado da carreira por galeguista ata que en 1938 foi rehabilitado como xuíz de Viella, para pasar despois á Estrada. Bouza continuaría o labor comezado no Seminario de Estudos Galegos, na sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto Padre Sarmiento, dependente do C.S.I.C.
Ingresou na Real Academia Galega en 1941. Como poeta destaca por ser o iniciador do neotrobadorismo cuxa tendencia vai ser seguida, tamén, por Álvaro Cunqueiro ou Xosé María Álvarez Blázquez.
Foi o creador do principal movemento vangardista galego, o Neotrobadorismo, do que a súa obra Nao senlleira é a máxima representante xunto con Seitura.
Ademais da súa faceta literaria, Fermín Bouza-Brey foi un investigador en campos variados: folklore e etnografía, arqueoloxía, heráldica, arte, epigrafía, historia, historia da literatura e crítica literaria, etc. Pódese dicer que foi un dos máximos especialistas en Rosalía de Castro. Posuía unha vasta cultura e estaba ao tanto, como outros membros da xerazón do Seminario, das publicacións máis recentes da época, tendo en conta as dificultades inherentes ao franquismo, período no que lle tocou vivir na segunda parte da súa vida. A súa estesa obra escrita - a Biblioteca universitaria de Santiago ten catalogados máis de 440 títulos seus - foi a dun polígrafo completo que, ademais de atoparse en libros, encóntrase dispersa por inúmeras publicacións periódicas de Galicia e doutros países. Nalgún caso foi recollida en escolmas.
[editar] Obra
[editar] Creación literaria
- Cabalgadas en Salnés, 1925 (narrativa).
- Nao senlleira, 1933 (poemario).
- Seitura, 1955 (poemario).
[editar] Edicións
- Gabriel Feixóo de Araúxo, Entremés famoso sobre a pesca no río Miño. Transcrición limiar e notas de F. Bouza-Brey. Vigo. Ed. Monterrey. 1953.
- Rosalía Castro de Murguía, Cantares gallegos. Vigo. Galaxia. 1963, edición crítica, con introdución e notas de F. Bouza-Brey, no centenario da aparición da obra.
[editar] Investigación (selección)
- en colaboración con Florentino López Cuevillas, Prehistoria e folklore da Barbanza. Ourense 1927.
- en colaboración con Xosé Ramón Fernández-Oxea e máis Manuel Fontes Canal, A eirexa de Santa María de Mixós e as súas aras romanas. Santiago. 1928.
- en colaboración con Florentino López Cuevillas, Os oestrimnios, os saefes e a ofiolatría en Galicia. Santiago. 1929.
- Nomes galegos da "Digitalis pupurea L.", in rev. Nós, XIII, 95, Ourense. 1931.
- en colaboración con Florentino López Cuevillas, La civilización neo-eneolítica gallega. Madrid. 1931.
- en colaboración con Afonso Rodríguez Castelao, Escudos de Rianxo. Santiago de Compostela. 1933.
- A eirexa prerrománica dos Nogales. Santiago, Arch. Sem. Est. Gal., VI. 1933.
- Aportación ao diccionario de artistas na Galicia nos séculos XVI ao XIX. in rev. Nós, nª 139-144. Ourense. 1935.
- La mitología del agua en el noroeste hispánico. A Coruña. 1941.
- La ceca suevo-visigoda de Laurencio. Madrid. 1942.
- Vestio Alonieco, nueva deidad galaica. Madrid. 1944.
- Identificación de cecas suevas y visigodas. Ourense. 1944.
- en colaboración con Jorge Lorenzo, La casa, el trabajo y la cantiga en Pías (Mondariz, Pontevedra), in Rev. Dial. Trad. Pop., III, Madrid. 1947.
- Onomástica y tradición de la fresa en Galicia y Asturias, in Rev. Dial. Trad. Pop., VIII, 1952.
- La ceca suevo-visigoda de Valencia del Sil. Salamanca. 1954.
- La joven Rosalía en Santiago, in Cuadernos de Estudios Gallegos, XXI, Santiago. 1955.
- Los tesorillos de monedas romanas de Tremoedo y Sarandón y su significación histórica en Galicia. Zaragoza. 1955.
- El tesoro romano de Deiro. Santiago. 1961.
- Platería civil compostelana hasta finales del siglo XIX. Santiago. CSIC. 1962.
- El grabador gallego Luis de al Piedra. Guimarâes. 1962.
- Los "Cantares gallegos" o Rosalía y los suyos entre 1860 y 1863, in Cuadernos de Estudios Gallegos, XVII, 56, Santiago. 1963.
- El señorío de Villagarcía desde su fundación hasta su marquesado, 1461-1655. Santiago de Compostela. CSIC. 1965.
[editar] Escolmas
Parte da súa obra folclórico-etnográfica foi recollida en:
- Etnografía e folklore de Galicia, 2 t. Vigo. Ed. Xerais de Galicia. 1982, seleccionada por seu fillo José Luís Bouza Álvarez.
Os traballos sobre Rosalía de Castro en:
- Artigos rosalianos. Prólogo de Xesús Carro Otero e Benito Varela Jácome. Santiago. Consellería de Cultura e Xuventude. 1992.
En relación con Santiago de Compostela:
- Artigos xacobeos e compostelanos. Introdución e bibliografía de Xesús Carro Otero; presentación de Manuel Fraga Iribarne. S.l., Consellería de Relacións Institucionais e Portavoz do Goberno. 1993.
[editar] Notas
- ↑ cfr. in Bouza-Brey, F., Etnografía e folklore de Galicia (2). Vigo. 1982, na lapela