Benito Varela Jácome
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Benito Varela Jácome naceu na parroquia de Soutolongo, concello de Lalín, no ano 1919. Foi catedrático de Literatura Hispanoamericana na Universidade de Santiago. Foi tamén catedrático de Lingua e Literatura en varios institutos de bacharelato, e docente durante moito tempo na Universidade Complutense de Madrid
É Presidente Honorario da Asociación Española de Estudios Literarios Hispanoamericanos dende a súa creación e é menmbro de múltiples institucións americanas e europeas.
O seu labor centrouse nos estudos sobre Literatura Hispanoamericana con traballos sobre Julio Cortázar, Huidobro, Buero Vallejo ou García Márquez. Pero tamén amosou gran dedicación á Literatura Galega, con estudos sobre Castelao, Álvaro Cunqueiro ou Rosalía de Castro. Engádense aos anteriores traballos sobre Literatura Castelá centrados na obra de autores como: Valera, Larra, Clarín, Pío Baroja, Galdós, Valle-Inclán, Espronceda, etc.
Tamén contribuiu de forma importante en ramas como a crítica, a teoría literaria ou a didáctica con múltiples escritos.
[editar] Obras
[editar] Estudos sobre Literatura Hispanoamericana
- El cuento hispanoamericano contemporáneo (1976).
- La novela hispanoamericana del siglo XIX.
- Estructuras novelísticas de Lezama Lima (1977)
- Estructuras profundas en Pedro Páramo (1980)
- Función de los modelos culturales en la novelística de Sábato (1983)
- Tensiones españolas en la "Consagración de la primavera" (1986)